InicioA CORUÑAO BNG busca na nova etapa parlamentaria declarar á Coruña zona residencial...

O BNG busca na nova etapa parlamentaria declarar á Coruña zona residencial tensionada

Publicada o

Por europapress

O BNG fixou como prioridades para A Coruña na nova etapa parlamentaria un plan viario comarcal, a culminación de infraestruturas como a Vía Ártabra ou o impulso da área metropolitana. Así o expuxeron as deputadas Mercedes Queixas e Iria Taibo, que se estrea na Cámara galega, xunto ao responsable comarcal do BNG, Daniel Carballada.

Entre os obxectivos do novo grupo parlamentario do BNG e xa en relación á cidade heruclina, incidiron na necesidade de declarala como zona residencial tensionada en materia de vivenda. “A ver se é capaz Rueda de dicirlle ás coruñesas e coruñeses que esta cidade non ten un grave problema de acceso á vivenda e que non ten que ser declarada zona residencial tensionada”, expuxo Mercedes Queixas, quen asegurou que abordarán este tema.

Pola súa banda, Iria Taibo avanzou que unha das primeiras iniciativas do BNG será a proposta dun novo plan viario comarcal, xunto coa Vía Ártabra. “Son moitos os deberes pendentes da Xunta coa comarca da Coruña”, remarcou Queixas.

ÚLTIMAS

Outra noite de pelexas na Coruña sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...