InicioMOV. SOCIAISACAMPA chama ao voluntariado para construir o Memorial pola Infancia asasinada en...

ACAMPA chama ao voluntariado para construir o Memorial pola Infancia asasinada en Gaza

Publicada o

Por editor

Esta edición de 2024, o Encontro Internacional Acampa pola Paz leva un cartel cun neno palestino como protagonista, dando conta do lema: “Infancia e mocidade refuxiada”

E o comprometido colectivo social quere afondar na masacre que vive Gaza, invitando á cidadanía da Coruña a construír un Memorial da Infancia. Un Memorial que emerxerá no mes de xuño de maneira efémera nos xardíns, á beira do Palco da Música, e nacerá para conmover, remover as conciencias e convidar á reflexión, á vez que servirá para reclamar a fin do xenocidio do pobo palestino.
Así, o programa do Eten previsto celebrar un minuto de silencio o domingo día 9, día da clausura do Encontro, no que miles de coruñeses e coruñesas asistentes a esta cita reflexiva sobre DDHH poidan gritar alto e claro, desde o seu mudez: Non á matanza de máis nenos e máis nenas en ningún punto do planeta!

Como participar no Mural

Para facer realidade este Memorial colaborativo pola infancia requírese a doazón de sabas ou teas brancas sen debuxos, e mans, moitas mans, que axuden a confeccionar as mil pezas que o compoñen, eses simbólicos sudarios con forma de nenos e nenas cos que darlle forma e ser capaces de imaxinar o que supoñen a morte baixo as bombas israelís de máis de 14.000 vidas, truncadas pola barbarie xenocida.

Para saber onde entregar as sabas e os xornais cos que se dará forma interior a cada envoltorio e/ou apuntarse para colaborar na confección dos elementos, debe contactarse coa área de loxística de Rede Acampa pola Paz, en loxistica@edeacampa.org.

Aí daráselles a información necesaria para a entrega de material ou o calendario e lugares onde poder axudar na construción das pezas simbólicas. Rede Acampa confía na resposta cidadá dada a complicidade que cada ano os coruñeses e coruñesas mostran participando no Encontro Internacional que converte a esta urbe nun referente nacional de defensa dos DDHH, o Dereito a Refuxio e a defensa da esencialidad do xornalismo humanitario. Toda a información polo miúdo, nesta ligazón, https://t.ly/ILqVz

O campo simbólico de refuxiados servirá tamén para mirar a Gaza

A dimensión do que está a acontecer na Franxa de Gaza é tal que o campo simbólico de persoas refuxiadas ao redor do que ano tras ano pivota cada edición do Encontro Internacional tamén reproducirá un campo gazatí. Ou o que queda deles neste momento, despois de meses de bombardeos diarios de Israel unha vez que dirixiron e concentraron a toda a poboación sobrevivente de Gaza neles, nun éxodo sen precedentes.

Máis novas 

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

A activista nicaraguana Haydée Castillo e o voceiro de SOS Sanidade Pública recibirán o Recoñecemento Acampa

A Rede Acampa, Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

Rescatado un home de 48 anos tras sufrir unha caída nas rochas na praia dos Mouros

Un home de 48 anos de idade foi rescatado este sábado tras caer nunha...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here