InicioBARRIOSConvocan unha concentración no Foro Económico para esixir a titularidade pública dos...

Convocan unha concentración no Foro Económico para esixir a titularidade pública dos peiraos de San Diego e Petroleiro

Publicada o

Por editor

O colectivo Defensa do Común, que aínda onte lideraba un escrito asinado por 30 entidades,  reitera a súa convicción de que a Coruña ten nestes momentos entre as mans unha remodelación de envergadura de todo o cinturón do litoral, que é fundamental para o futuro da nosa fachada marítima, un das sinais de identidade da cidade.

“Mais agora”, entende dende o colectivo, “parece que os intentos por desprenderse de espazos portuarios para pagar a débeda da Autoridade Portuaria toma novos folgos, mesmo coa promoción de foros como o anunciado para mañá mércores.” A este respecto, Defensa do Común concentrarase ás portas de Palexco para exteriorizar o seu rexeitamento a calquera plan que pase pola venda de espazos portuarios para financar a débeda do porto de Langosteira.

“Nos últimos días estase a difundir algúns aspectos dese proxecto da APAC, como a posibilidade de construír miles de vivendas nos case 400.000 metros cadrados dos peiraos de San Diego e Petroleiro, que sempre rexeitamos”, denuncian. “A Autoridade Portuaria segue coa súa política de facer caixa coa venda dos terreos do porto e, ultimamente, anunciando convenios con entidades ou fundacións privadas, sen que previamente se teñan aprobadas as bases dunha ordenación de uso e urbanística dos peiraos do porto interior. Estamos pola condonación polo Estado, desde 2024, da débeda da Autoridade Portuaria pola construción do Porto exterior e non pola venda dos terreos do porto.

Ante esta situación,  colectivo farase visible cunha concentración este mércores ás 11:45 dainte do Palexco, ante a intervención Martín Fernández Prado, que, como presidente, exporá os proxectos da Autoridade Portuaria da Coruña (APAC) no marco do III Foro Económico Español “La Galicia que viene”.

 

“Con esta concentración queremos trasladar o noso proxecto para a transformación do porto interior: liderado do concello da Coruña en todo o proceso; manter a titularidade pública dos terreos de todos os peiraos, con espazos libres, zonas verdes e dotacións públicas; aprobación das bases dunha ordenación de usos e urbanística, previa a calquera tido de convenio con empresas ou fundacións privadas; evitar a especulación e a venda a cachos do porto; definición dun ente público de xestión; potenciamento da actividade portuaria e de economía azul; participación pública e cidadá en todo este proceso”, explican.

Máis novas

30 entidades piden o liderato municipal e a participación pública na definición do futuro dos peiraos

ÚLTIMAS

Indignación no deportivismo ante a nova campaña de abonados e as esixencias aos socios de Maratón Inf.

Era esperada a saída da campaña de abonados do RC Deportivo A Coruña 26-27....

A Asoc. Veciñal incide nas posibles irregularidades da equipa redactora do Plan Urbanístico do Parque da Agra

Vai pelexar ata o final por un parque decente a veciñanza da Agra. Xa...

A carta protesta dun socio cabreado ante a campaña de abonados do Dépor

Con máis de 40 anos de socio (ten o número do carnet por debaixo...

Activada a prealerta por escaseza moderada de auga na Costa da Coruña ata Arteixo

A Xunta activou a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here