InicioBARRIOS30 entidades piden o liderato municipal e a participación pública na definición...

30 entidades piden o liderato municipal e a participación pública na definición do futuro dos peiraos

Publicada o

Por editor

O 7 de maio de 2017, máis de 5000 persoas, entre elas o PSOE, participaban nunha manifestación esixindo que o futuro da zona portuaria da cidade da Coruña dependera da propia cidade.

”Sete anos despois seguimos reclamando o liderado do concello e a participación pública na definición do futuro dos peiraos”, sinalan hoxe nun comunicado dende Defensa do Común, dando voz a máis de 30 entidades da comarca, pois entenden que seguen igual de vivas as demandas daquel 2017:

  • Titularidade pública dos terreos;
  • Devolución gratuíta ao concello, a través dun novo convenio, de todos os peiraos que cesen a súa actividade portuaria, asumindo o Estado o custo íntegro e as débedas da construción do porto exterior de Punta Langosteira e as súas conexións;
  • Aposta pola continuidade da actividade portuaria e de economía azul;
  • Abrir A Coruña ao mar, un modelo de cidade pensado para as persoas, que integre a fachada marítima na cidade, respectuoso co medio ambiente e con atención á mobilidade e á inclusión social;
  • Definición dun ente público de xestión;
  • Elaboración dunhas bases de ordenación de usos e urbanístico para o porto interior (peiraos de Bateria, Calvo Sotelo e San Diego) como paso previo a negociacións coas restantes administracións competentes, que deixe sen efecto os Convenios de 2004.

Así o fai público a entidade que vén de enviar un escrito a todos grupos municipais pedíndolles o apoio para aprobar unha moción no pleno do mes de maio.

O escrito incide na necesidade do liderado do concello en todo o proceso de transformación do porto e a participación pública na definición do futuro dos peiraos.

Máis novas

Sumar reclama a Inés Rey que asuma o liderado na integración urbana da fachada portuaria

Autoridade Portuaria e Xunta apelan a “seguir traballando” para definir o futuro da fachada marítima da Coruña

 

ÚLTIMAS

Delegados sindicais protestan na Coruña tras reclamarlles Gadis 1,2 millóns pola folga en alimentación

Delegados sindicais concentráronse na Coruña, ante a sede do Servizo de Mediación e Arbitraxe...

Licitan, por fin, a xestión dos Centros Deportivos Municipais de San Diego e O Castrillón

Levan anos sendo foco de problemas laborais, en boa medida pola caducidade dos seus...

Aberto o prazo para escoller entre as 100 propostas veciñais aos Orzamentos Participativos 2026-2027

Aseos públicos en San Agustín, a creación de novos hortos urbanos, a renovación de...

O Ágora viaxa no tempo ás orixes do Barrio da Zoca

Este pasado venres inaugurouse no Centro Ágora a exposición «O Barrio da Zoca. Identidade, raíces...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here