InicioA CORUÑASumar reclama a Inés Rey que asuma o liderado na integración urbana...

Sumar reclama a Inés Rey que asuma o liderado na integración urbana da fachada portuaria

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  •  Avisan de que o modelo concesional dirixido pola Autoridade Portuaria non garante unha verdadeira resposta ás necesidades da cidade.

— — —

Momentos históricos vive a cidade coa integración urbana da fachada portuaria. Pero o proceso vai lento, e ninguén quere dar pasos en falso.

Así, este pasado venres 5 de abril reuniuse ainda por primeira vez neste mandato municipal a Comisión especial sobre a Fachada Marítima, despois de 20 anos (o procedemento arrincou coa posta en marcha do porto exterior de Punta Lagosteria), de declaracións, acordos… pero nin paso efectivo. Un “déjà vu habitual mandato tras mandato”,  denuncia Sumar.

Son moitos os retos que afronta a cidade, por iso, dende Sumar inciden na necesidade de “afrontar estes retos que trazan unha cidade coas ideas claras, de que o Goberno municipal, en necesaria cooperación coa Autoridade Portuaria, coa Xunta de Galicia e con Adif, impulse a necesaria modificación do noso planemento urbanístico xeral. Porque sólo dende o planeamento urbano se pode dar efectiva resposta, que debe de ser acertada, á integración prevista de case 500.000 metros cadrados para novos usos urbanos”.

O grupo pide “impulsar o ente público que lidere este proceso de intensa transformación urbana e buscar fórmulas que condonen e alixeiren a carga financeira do Porto da Coruña coa Administración do Estado. Urxe un gran acordo de cidade”, esixen ao tempo que piden evitar “estériles debates plenarios”.

Zona 1 e zona 2

A conversión dos peiraos da chamada zona 1, Batería e Calvo Sotelo, xa sen uso portuario, en zonas urbanizables é unha oportunidade para ver medrar a cidade. “Sobre os mesmos se programan exposicións e concertos que marcan unha primeira apertura, provisional, da man da propia Autoridade Portuaria, pero que non responden a unha planificación de longo prazo dos usos definitivos que a cidade precisa neses espazos centrais da cidade, que deben de conectarse cos xardíns de Méndez Núñez e facilitar solucións de mobilidade no eixo Paseo do Porto-Praza de Ourense-viaducto de Linares Rivas”, sinalan dende Sumar.

Pola súa parte, sobre os peiraos de Linares Rivas, da Palloza ou do Leste, e o de Oza,  entenden que seguirán vencellados á actividade pesqueira e otros usos de aprovisionamiento portuario da cidade.

A denominada zona 2, os “peiraos de San Diego e Petroleiros, preséntase como a gran oportunidade para unha ambiciosa planificación urbana a partir de 2027, unha vez as actividades de graneis líquidos se despracen a Langosteira. Unha oportunidade para habilitar novos espazos verdes, recuperando e renaturalizando o río Monelos para os barrios de Catro Caminos, A Gaiteira e Os Castros e poder así reconciliar estes barrios coa súa fachada litoral; unha oportunidade para buscar solucións de transporte urbano-metropolitano impulsando o tren da ría desde a estación de San Diego a Betanzos, e unha ocasión inaprazable para impulsar empresas da economía azul e dotarnos do necesario parque de vivenda pública, especialmente de alugueiro”.

Máis novas

Autoridade Portuaria e Xunta apelan a “seguir traballando” para definir o futuro da fachada marítima da Coruña

 

 

Na primeira parte do pasado mandato municipal un equipo multidisciplinar da nosa Universidade abordou unha planificación integral e ambiciosa desta integración coa mirada posta no horizonte de 2035, recollendo gran parte das propostas e estudos elaborados ata ese momento. Esta proposta da UDC pode ser a base do necesario acordo, que non pode seguir sendo aprazado polo Goberno municipal. O modelo de ir ocupando os terreos sen uso portuario mediante concesións que decide a Autoridade Portuaria, e que o Concello parece apoiar, non é a solución de futuro que A Coruña demanda.

ÚLTIMAS

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

1.000 novas vivendas supoñen un incremento poboacional importante. Por iso, a veciñanza do Castrillón,...

Mariscadores da ría do Burgo secundan unha nova protesta en demanda de axudas tras o dragado

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non...

Abre na Coruña un Centro de Atención Continuada para persoas en risco de exclusión social

O Concello da Coruña puxo en marcha o Centro de Atención Continuada de Pai...

Detidos un pai e un fillo na Coruña tras fuxir da Policía, alertada de posible caso de violencia de xénero

Dous homes, un pai e un fillo, foron detidos tras fuxir na Coruña da Policía...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here