InicioSOCIEDADEO Consello de Ministros acorda a expropiación de terreos nas inmediacións do...

O Consello de Ministros acorda a expropiación de terreos nas inmediacións do aeroporto da Coruña

Publicada o

Por Ángela Precedo

O Consello de Ministros acordou este martes a urxente ocupación de bens e dereitos con motivo da expropiación de terreos nas inmediacións dos aeroportos de Vigo e A Coruña. Así, deuse luz verde á ocupación de terreos afectados polo expediente de expropiación forzosa de terreos en Vilar de Infesta, en Redondela, para a regularización patrimonial e desenvolvemento do Plan Director do aeroporto de Vigo.

Igualmente, declarouse a urxente ocupación de bens e dereitos afectados no expediente de expropiación forzosa para a nova zona de prácticas do Servizo de Salvamento e Extinción de Incendios (SSEI), no Aeroporto da Coruña, no municipio de Culleredo. Ademais, o Consello de Ministros acordou tomar razón da declaración de emerxencia das obras de reparación de danos e adopción de medidas como consecuencia dos temporais Ciarán e Domingos, en novembro de 2023, e dos danos causados por un incendio no túnel da A-52 no Folgoso, A Cañiza, na provincia de Pontevedra.

O incendio dun camión, dentro deste túnel da autovía, en xaneiro de 2021, provocou numerosos danos e obrigou a ter ese tramo cortado durante 3 meses. Así mesmo, o Consello de Ministros acordou declarar a reserva de 4.702 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre para a execución das obras do emisario submarino de Montalvo, dentro da actuación para mellorar a depuración de Sanxenxo e Raxó (Poio).

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here