InicioSOCIEDADEO Consello de Ministros acorda a expropiación de terreos nas inmediacións do...

O Consello de Ministros acorda a expropiación de terreos nas inmediacións do aeroporto da Coruña

Publicada o

Por Ángela Precedo

Consello de Ministros acordou este martes a urxente ocupación de bens e dereitos con motivo da expropiación de terreos nas inmediacións dos aeroportos de Vigo e A Coruña. Así, deuse luz verde á ocupación de terreos afectados polo expediente de expropiación forzosa de terreos en Vilar de Infesta, en Redondela, para a regularización patrimonial e desenvolvemento do Plan Director do aeroporto de Vigo.

Igualmente, declarouse a urxente ocupación de bens e dereitos afectados no expediente de expropiación forzosa para a nova zona de prácticas do Servizo de Salvamento e Extinción de Incendios (SSEI), no Aeroporto da Coruña, no municipio de Culleredo. Ademais, o Consello de Ministros acordou tomar razón da declaración de emerxencia das obras de reparación de danos e adopción de medidas como consecuencia dos temporais Ciarán e Domingos, en novembro de 2023, e dos danos causados por un incendio no túnel da A-52 no Folgoso, A Cañiza, na provincia de Pontevedra.

O incendio dun camión, dentro deste túnel da autovía, en xaneiro de 2021, provocou numerosos danos e obrigou a ter ese tramo cortado durante 3 meses. Así mesmo, o Consello de Ministros acordou declarar a reserva de 4.702 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre para a execución das obras do emisario submarino de Montalvo, dentro da actuación para mellorar a depuración de Sanxenxo e Raxó (Poio).

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña disposta a falar co PP tras o veto do BNG ao plan urbanístico das Xubias

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou á "inmensa capacidade de diálogo" do goberno...

Cionco millóns para o sistema de seguridade e acceso a Punta Langosteira

A Autoridade Portuaria da Coruña licitou o sistema de control, mando e sinalización do acceso...

#Conectacoavida, a nova campaña de Prevención do Suicidio de FEAFES

O 10 de setembro conmemórase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio,  un...

Actividades extraescolares para máis de 5.000 nenos e nenas programadas polo Concello da Coruña e ANPAs

Uns 5.200 nenos e nenas da Coruña participarán este curso en actividades extraescolare smunicipales,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here