InicioBARRIOS54 centros de ensino participarán no Día da Ciencia na Rúa

54 centros de ensino participarán no Día da Ciencia na Rúa

Publicada o

Por editor

O Día da Ciencia na Rúa volverá ser unha realidade o vindeiro 4 de maio no Parque de Santa Margarida. Un día de festa formativa, no que o alumnado de toda a provincia se convertirá en espallador científico.

Participarán un milleiro de escolares de 54 centros educativos, procedentes da Coruña, Betanzos, Cambre, Carral, Arteixo, Cerceda, Culleredo, Coristanco, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Outes, Arzúa, Ribadeo, Miño, Ortigueira, As Pontes, Baio, Ribeira e Poio. Xunto a eles, persoal da investigación e divulgación presentarán un diverso programa de actividades para toda a cidadanía nas haimas da Cátedra Emalcsa-UDC, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Investigación en TIC (CITIC), o Centro Oceanográfico da Coruña, o Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), a Fundación IMQ San Rafael, o Servizo Municipal de Educación da Coruña, a asociación Luzada da USC ou a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Haberá numerosas actividades paralelas arredor do edificio da Casa das Ciencias ofrecidas pola Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Bricolabs, Incude (Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias), UDCiencia I+D. Unha das novidades é o espectáculo de monólogos científicos da man de Ciencia Calidade a partir das 17.30 horas.

Ademais, ese mesmo día será de Xornada de portas abertas nos Museos Científicos e Castelo de San Antón.

Máis novas

Tres alumnas do IES Agra do Orzán gañan o certame Reimaxina a Ciencia

 

ÚLTIMAS

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de...

Amplíase o servizo de atención aos cidadáns 010 a todos os días da semana

O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato...

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Mantivo esta mañá o colectivo de docentes dos cursos Culturais do Programa de Lecer...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here