InicioSOCIEDADEPersoal do Concello de Cambre demanda unha Relación de Postos de Traballo...

Persoal do Concello de Cambre demanda unha Relación de Postos de Traballo “xusta”

Publicada o

Por europapress

Persoal do Concello de Cambre reclamou melloras laborais e a negociación dunha Relación de Postos de Traballo “xusta” con motivo da reunión da mesa xeral de negociación. Así o expuxo a Europa Press a delegada da CIG, Vanessa Paz, con motivo dunha concentración convocada ante a casa consistorial.

“Levamos reclamando cousas moi importantes para os traballadores como é unha relación de postos de traballo actualizada, carreira administrativa, temos un dereito recoñecido na lexislación que nós aquí en Cambre non podemos exercer, a recuperación da xornada de 35 horas ou unhas horas extras que non cobraron os traballadores“, expuxo. “De súpeto, e sen previo aviso, convócannos a unha mesa por un asunto que nada ten que ver que, ademais, é unha modificación puntual da RPT“, sinalou tamén, ademais, de reclamar “máis persoal”.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...