InicioCULTURAO (S8) da Coruña acende a súa conta atrás

O (S8) da Coruña acende a súa conta atrás

Publicada o

Por editor

Falta pouco para que comece o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. A 15ª edición deste festival de referencia desenvolverase do 31 de maio ao 9 de xuño en cinco espazos da cidade, para convertirse un ano máis nun punto de referencia para as persoas amantes da arte e do cinema de vangarda.

Nomes de referencia da vangarda como Narcisa Hirsch (a arxentina foi unha das artistas máis importantes do cinema de vangarda mundial e da arte latinoamericana), Morgan Fisher e Margaret Honda (dous dos máximos expoñentes do cinema experimental e a arte contemporánea) marcan os primeiros avances de programación da 15ª edición do (S8), o festival que dirixen Ana Domínguez e Ángel Rueda.

Ademais, dentro do programa, cómpre destacar “Sinais”, a sección que impulsa o traballo dos novos creadores, e que traerá ao festival as obras de 22 creadores que traballan e viven na península. Un amplo abano de propostas e dúas sesións os días 6 e 7 de xuño porán de manifesto o interese destes creadores polos formatos analóxicos e o cinema entendido de maneira artesanal.

O xoves 6 de xuño na sala (S8) situada no Palexco (Peirao de Transatlánticos, A Coruña) o público poderá ver no primeiro programa de “Sinais” unha selección de traballos que teñen como denominador común a relación dos autores con determinados territorios. Instrucciones para un autorretrato, de Pablo Useros, Materia vibrante, de Pablo Marín, Burbank Neons, de Rocío Mesa, Velos na Tebra, de Iago Lourido, Sightings, de Pere Ginard, A terra ten glitch, de Yasmina Farhani Luaces, Santa Pola, de Beatriz Freire, Cada gesto, de Valentina Alvarado, La Jardinera, de Fernanda Vicens, Pasaje cromático #2: Culebra, de Brenda Boyer e Beatriz Higón, e Ojos de agua, de Héctor Gardez, son os filmes que compoñen esta primeira sesión.

Nunha sección como “Sinais” é habitual atopar proxectos que son froito de residencias e accións formativas na que participaron novos cineastas, unha área que tamén o (S8) aborda como un elo imprescindible na creación da vangarda. Como exemplo, o caso dos galegos Iago Lourido, cunha obra enmarcada en San Sadurniño e na súa experiencia no festival Chanfaina Lab, Yasmina Farhani Luaces, graduada en Belas Artes en Pontevedra que trae ao (S8) unha obra nacida do taller impartido por Berio Molina na última edición do festival Novos Cinemas de Pontevedra ou o vigués Pablo Agma, recente gañador das bolsas ao desenvolvemento ese8_LAB, organizadas polo propio (S8).

O segundo programa de Sinais neste 15º (S8) terá lugar o venres 7 de xuño na mesma sala cun fío condutor que se aproxima á performance no cinema experimental. O público poderá ver Hombre de palo, de Pablo Agma, Katalipsi, de Elaine Sier, Triple tango manchego, de Colectivo Craneal (Marta Solera Picazo, Aitana de Dios y Patri de la Plaza), Bivalva, de Celia Kiroga Rincón, Impressions of light, de Juliana Julieta, La memoria de las frutas (Diáspora), de Claudia Claremi, Legerdemain, de Carlos Vásquez Méndez, e para finalizar a sesión, The word was deleted, de Esperanza Collado.

 

 

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here