InicioECONOMÍAA UDC e o Porto da Coruña impulsarán melloras na operatividade portuaria...

A UDC e o Porto da Coruña impulsarán melloras na operatividade portuaria con ferramentas como a IA

Publicada o

Por europapress

Universidade da Coruña (UDC) e a Autoridade Portuaria da Coruña colaborarán no impulso de melloras na operatividade portuaria no porto exterior co uso de ferramentas como a Intelixencia Artificial (IA). Será a través dun convenio subscrito este luns, na sede da institución coruñesa, polo reitor, Ricardo Cao, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado.

No acto, estiveron presentes tamén o xefe do departamento de sustentabilidade da entidade, Andrés Guerra, e o investigador principal do proxecto e membro do Grupo de Investigación en Enxeñaría da auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da UDC, Enrique Pena. Este último apuntou a un convenio polo que se abordará o uso de novas ferramentas predictivas para cuestións como decidir que barco “vai a cada sitio” ou “como son as operacións de carga e descarga”, dixo facendo referencia ás instalacións do porto exterior, en Punta Langosteira.

Todo iso tras un traballo previo estes anos de cara a mellorar a actividade das empresas e a propia operatividade. “Seleccionar as mellores localizacións para a carga e descarga e evitar as incidencias”, resumiu tamén. Isto aplicando a Intelixencia Artificial ou a enxeñaría portuaria, entre outros recursos e en base a un “proxecto multidisciplinar” para facer o porto “aínda máis eficiente e competitivo”. Así o expuxo tamén o reitor da UDC en liña co manifestado tamén polo presidente da Autoridade Portuaria para, asegurou, actuacións que permiten seguir “mellorando” e favorecendo a actividade no porto, cun convenio con vixencia ata 2028.

ÚLTIMAS

O acusado de encubrir o crime de Yoel Quispe nega un pacto de silencio: “Non falamos”

Novas frontes na recta final do xuízo pola morte do mozo Yoel Quispe, acontecida...

Os farmacéuticos alertan de que o protector solar se usa mal e lanzan unha campaña de concienciación

Alerta dos profesionais da saúde ante a chegada do verán. O Colexio Oficial de...

O acusado de entregar a navalla no crime de Yoel Quispe confesa que llo deu “por medo”

O xuízo polo apuñalamento mortal de Yoel Quispe —o mozo de 22 anos finado...

Prisión para dous homes acusados de polo menos cinco roubos con violencia a mulleres maiores na Coruña

A Policía Nacional da Comisaría da Coruña detivo a dous homes como presuntos autores...