InicioA CORUÑAO Deportivo xa non está en concurso de acreedores

O Deportivo xa non está en concurso de acreedores

Publicada o

Por europapress

Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña declarou firme a sentenza ditada en abril pola que se aprobou a modificación do convenio proposto polo Real Club Deportivo da Coruña S.L., cos efectos establecidos na Lei Concursal, entre eles o cesamento da administración concursal. Así o ratificaron desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) despois dun fallo no que a xuíza explicaba que, transcorridos dous anos, o concursado podía presentar unha proposta de modificación do convenio.

A xuíza indicaba que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo (Abanca) “de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación”. Segundo conta nun decreto do pasado 8 de marzo, 41 acredores concursais, que representan un pasivo ordinario de 6.063.390 euros, é dicir, o 52,812 % do devandito pasivo ordinario, votaron a favor da proposta de modificación, que non contou con ningún voto en contra.

Este cambio de débeda por accións, faino Abanca neste momento para entrar na Liga de Fútbol Profesional sen débedas, o que permitirá ter un límite salarial máis baixo.

A propiedade

A saída do concurso e o remate da débeda ten unha consecuencia directa: Abanca é o propietario do 99,9% das accións do Real Club Deportivo da Coruña. O que fai 10 anos era un club dos seus socios, a través das súas accións, hoxe en día, gracias á transmutación das débedas en accións, provoca esta situación.

Así, despois da vindeira asemblea telemática do vindeiro 26 de xuño, as accións que valeron durante décadas 60€, pasarán a ter un valor de 0,08€…

ÚLTIMAS

Análise: Que foi do interese xeral na reordenación urbanística da fachada litoral nas Xubias?

Moito se ten falado das Xubias dende que en xullo o Concello lle entregaba...

O avogado do presunto agresor de Samuel Luiz: “podía ocorrerlle a calquera que estivese alí”

A defensa de D.M.M., o mozo que presuntamente iniciou a agresión a Samuel Luiz...

Así foi a alerta nos móbiles da veciñanza da Coruña e Arteixo por un simulacro de accidente na refinaría

Eran as 10:41h deste martes 15 de outubro (soou outa vez ás 10:56h) cando...

Fillas de Breogán viaxan a Lyon para disputar o torneo de clubs máis importante a nivel europeo do fútbol gaélico

O equipo feminino de fútbol gaélico da Coruña, Fillas de Breogán, vai participar no...