InicioSUCESOSDetido un veciño da Coruña por agresión sexual a unha menor nas...

Detido un veciño da Coruña por agresión sexual a unha menor nas festas do Perillo

Publicada o

Por editor

A Garda Civil do Posto Principal de Oleiros detivo un home como presunto autor dun delito de agresión sexual a unha menor durante a celebración das festas do Perillo. A agresión tivo lugar o 16 de maio deste ano, e a vítima foi atendida inicialmente polo persoal do Punto Violeta instalado polo Concello de Oleiros para a atención ás vítimas de violencia machista, quen inmediatamente activaron o protocolo existente para estes casos, avisando ás forzas e corpos de seguridade.

A Garda Civil iniciou unha complexa investigación, dado que a vítima descoñecía a identidade do presunto agresor.

Como resultado do traballo de campo realizado, os axentes implicados, tras unha exhaustiva análise dos datos facilitados pola menor e da información recollida durante a investigación, lograron a identificación total do presunto agresor.

Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á súa detención como presunto autor dun delito de agresión sexual.

ÚLTIMAS

Samuel Luiz, cinco anos do seu asasinato con tres condenados e novo homenaxe de recordo este venres na Coruña

Este venres cúmprense cinco anos do asasinato de Samuel Luiz, na madrugada do 3...

A veciñanza de 6 barrios únese e rescata a Festa dos Martelos

Hoxe, xoves 2 de xullo, e ata o sábado, o Martinete está de festa....

O Burgo volve á Idade Media co seu tradicional Mercado Templario

Arrincou este mércores o primeiro dos 5 días de Mercado Templario do Burgo. Ata...

O Peirao de Batería acolle unha mostra do fotógrafo David Sims desde o 21 de novembro

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) anunciou que a súa próxima exposición, co título...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here