InicioBARRIOSAsí é a nova estrutura, por barrios, do goberno coruñés

Así é a nova estrutura, por barrios, do goberno coruñés

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciou este lunes 17 de xuño o Concello da Coruña a nova estrutura e repartición competencial dos seus edís. Deste xeito, cada concellaría, ademais das súas competencias de xestión terá asignado un distrito da cidade co obxectivo de “poder estar máis preto e de forma permanente ás necesidades dos veciños e veciñas dos diferentes barrios”.

Novo reparto de competencias do Goberno e barrios

  • Concellaría de Economía e Planificación Estratéxica, distrito 8 (Os Castros, As Xubias e Oza): José Manuel Lage. Portavoz e coordinador de proxectos estratéxicos.
  • Concellaría de Benestar Social, Participación e Igualdade, distrito 6 (Agra do Orzán): Nereida Canosa. Viceportavoz do goberno.
  • Concellaría de Infraestruturas e Mobilidade, distrito 5 (Ciudad Escolar, Labañou, Riazor e Os Rosais): Noemi Diaz.
  • Concellaría de Medio Ambiente, distrito 1 (Cidade Vella e Pescadería): Yoya Neira.
  • Concellaría de Cultura e Turismo, distrito 2 (Monte Alto): Gonzalo Castro.
  • Concellaría de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, distrito 3 (Ensanche): Fran Díaz.
  • Concellaría de Deportes, distrito 10 (Visma, A Silva, A Grela e Ventorrillo): Manuel Vázquez.
  • Concellaría de Emprego, Comercio e Mercados, distrito 7 (A Gaiteira, Elviña, Castrillón e Eirís): Diana Cabanas.
  • Concellaría de Educación e Innovación Tecnolóxica, distrito 9 (Feáns, Mesoiro, Novo Mesoiro e A Zapateira): Juan Ignacio Borrego.
  • Concellaría de Seguridade Cidadá e Interior, distrito 4 (Os Mallos, Santa Margarita e Sagrada Familia): Montserrat Paz.

Valoración

Dende a oposición, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, ve na remodelación do Goberno Local, o recoñecemento de que a estrutura coa que o Executivo coruñés encetou este mandato -con tres macro-áreas e concelleiros de primeira e concelleiros de segunda- non funcionaba e estaba a conducir “á ineficacia e á parálise na xestión  unicipal”.
O BNG, que xa denunciara que había “moito poder en poucas mans” destaca como “significativa” a retirada das competencias de Urbanismo ao portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage Tuñas, despois da polémica sobre a súa licenza de obra.

Apuntan como importante o cambio an concellería de Medio Ambiente, que pasa a estar en mans de Yoya Neira, ata agora de Servizos Sociais, en pleno proceso de licitación do novo contrato de Nostián.
E bota en falta cambio en Cultura, con todo o proceso do IMCE polo medio.

 

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here