InicioOPINIÓNO Concello aproba a cesión da Terraza para a sede da Axencia...

O Concello aproba a cesión da Terraza para a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial

Publicada o

Por europapress

Concello da Coruña aprobou, na Xunta de Goberno local, a proposta de convenio para a cesión gratuíta do edificio da Terraza ao Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, que albergará a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).

O texto asinarase mañá martes, 18 de xuño, por parte da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e do ministro de Transformación Dixital e da Función Pública, Jose Luís Escrivá, no Palacio de María Pita, segundo apuntou a rexedora, quen asegurou que “en breve” se acometerán tamén as actuacións de remodelación.

A aprobación do convenio enmárcase na relación de cooperación interadministrativa entre ambas as institucións, de acordo cos compromisos adquiridos polo Concello da Coruña tras a resolución do Consello de Ministros de 5 de decembro de 2022 polo que se determinou a cidade como sede física da AESIA.

Trátase dunha concensión gratuíta e temporal para o que se establece un prazo transitorio de 12 meses para que a Axencia poida ir ocupando os espazos que se consideren necesarios. O Concello comprométese a pór a disposición outros espazos públicos neste período transitorio, ademais de crear unha oficina municipal de benvida.

ÚLTIMAS

Culleredo retira honras franquistas e cambia o nome de dúas rúas por memoria histórica

O Concello de Culleredo retirará a condición de dous fillos adoptivos e cambiará o...

A Rede Acampa pola Paz, obrigada a disolver a súa actividade en Galicia

Outro dos fitos dos que se pode loubar o goberno socialista é de acabar...

Monte Alto vive un Alcuentru entre Galicia e Asturias de música tradi

Este sábado, 21 de marzo, o barrio de Monte Alto comparte música tradicional con...

O investigador da UDC Moisés Canle participará nun taller internacional en Lisboa sobre o impacto militar na auga potable

A cidade de Lisboa converterase a próxima semana nun punto de encontro internacional para...