InicioA CORUÑASuspendida e sen asignación de nova data a vista polo asasinato do...

Suspendida e sen asignación de nova data a vista polo asasinato do coruñés Diego Bello en Filipinas

Publicada o

Por europapress

A vista polo asasinato do coruñés Diego Bello, abatido a tiros en xaneiro de 2020 na illa de Siargao, en Filipinas, prevista para este luns, día 17, foi suspendida “quedando pendente de asignación dunha nova data”, segundo comunicou a plataforma Xustiza para Diego.

Nun comunicado, explica que a familia do empresario español, que se atopaba xa en Manila, ante a previsión de que o xuízo seguise este luns, “continuará coa axenda que tiña prevista durante toda a semana” e permanecerá no país.

A mesma, segundo remarcan, inclúe diferentes reunións de traballo con organismos locais, nacionais e internacionais como reunións na Embaixada da Unión Europea en Filipinas e entrevistas co Defensor do Pobo Filipino, así como co cónsul e embaixador Español.

A vista que foi suspendida era unha nova sesión da causa que se segue en Manila contra tres policías filipinos “acusados de asasinar ao empresario coruñés e de falsificar probas para tratar de xustificar a súa morte”, recalcan.

Os axentes argumentaron no seu momento que dispararan en defensa propia cando ían deterlle por suposto tráfico de drogas, algo que a familia do mozo coruñés rexeitou desde un primeiro momento.

Posteriormente, as investigacións realizadas pola NBI (National Boreau of Investigation), un organismo independente do Estado filipino, concluíron “que os policías asasinaran a sangue frío a Diego”. “E que colocaran nas súas mans unha pistola e unhas doses de cocaína, tentando así explicar a súa morte como defensa propia”, incide a familia.

ÚLTIMAS

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...