InicioPOLÍTICAEscrivá fala da Aesia como a "voz" de España para o fomento...

Escrivá fala da Aesia como a “voz” de España para o fomento dunha Intelixencia Artificial “responsable”

Publicada o

Por Ángela Precedo

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luís Escrivá, situou á Axencia Española para a Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) como un centro que busca ser “a voz” de España, a nivel europeo e internacional, para o fomento dunha IA “responsable”. Así o expuxo nun acto na Delegación do Goberno en Galicia na que resumiu os principais obxectivos da Aesia, tras asinar o martes coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o convenio de cesión do edificio da Terraza como sede deste organismo e tras a designación do que será o seu director xeral, Ignasi Belda.

“O próximo paso é dotar de recursos e de persoal”, sinalou o ministro sobre as actuacións a seguir. En canto ao persoal, expuxo que se prevé inicialmente que sexan uns “70 ou 80 funcionarios” os que se incorporen, xunto a persoal laboral e estudantes de distintas carreiras aos que se ofrecerán contratos en prácticas. Isto co obxectivo de crecer “moito de aquí a dous anos e medio”, apuntou en relación ao despregue do regulamento nesta materia.

ESTRATEXIA DA IA

Por outra banda, o ministro incidiu na Estratexia de Intelixencia Artificial aprobada en Consello de Ministros para que esta sexa “transparente, responsable e humanista”. “E aquí o papel da Aesia é central”, recalcou. Desta, dixo que entre as súas funcións está “anticipar tendencias para analizar os riscos e onde pomos os límites”. “E iso require dun amplo consenso na sociedade, facendo participar a moitas instancias”, recalcou.

Tamén aludiu a outra tarefa como a clasificación dos modelos segundo os seus riscos. “A Aesia é unha autoridade de vixilancia do mercado, a supervisión de todas as autoridades que poidan ter que ver en España co mercado e promover estándares e boas prácticas”, resumiu sobre outras das súas actuacións. Ademais, sinalou a importancia de traballar para incorporar as linguas cooficiais na IA, á vez que cualificou como un “punto central” a coordinación coas institucións europeas, e tamén a nivel internacional, de cara a que neste ámbito “España teña voz propia”.

DESPREGAMENTO

O ministro incidiu, sobre todo, no “despregamento” que a IA terá nos anos 2025 e 2026 e resaltou o seu labor “na promoción da innovación”. “Facilitar o cumprimento da normativa, desenvolver mellores prácticas e promover a innovación no sector público e aproveitala para o sector privado”. “Traballará para definir as mellores prácticas”, insistiu o ministro, quen fixo referencia ao “debate internacional” ao tratarse dunha tecnoloxía de uso global. “É necesario unha voz propia nos foros internacionais para evitar unha fragmentación regulatoria que xere problemas”. Todo isto expúxoo incluíndo, ademais, as políticas de difusión pedagóxica que terá a IA. “Que riscos entraña nalgúns casos e os seus usos para a nosa vida cotiá”, engadiu.

REFORMA A TERRAZA

Por outra banda, preguntado pola nova sede e as posibles reformas, afirmou que se realizarán obras “porque partes importantes non se utilizaron apenas”. “Pero hai zonas que son de utilización inmediata, en poucas semanas o director xeral, Ignasi Belda, e o seu equipo estarán a traballar”, sinalou ao explicar que se recondicionarán zonas non utilizadas. Xa sobre a recolocación do persoal de RTVE que traballa na Terraza, o ministro explicou que os empregados se trasladarán a unha planta do edificio de Correos, próximo á súa actual localización.

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here