InicioSOCIEDADEInés Rey ve "marxe" para un acordo que evite a folga de...

Inés Rey ve “marxe” para un acordo que evite a folga de limpeza no San Xoán

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou que existe “marxe” para alcanzar un acordo que evite a folga no servizo de limpeza viaria coincidindo coa celebración de San Xoán na cidade. “Teñen que negociar empresa e sindicatos, aínda queda marxe para chegar a un acordo”, sinalou para recalcar que espera que “de aquí ao domingo póidase pór solución a este asunto”.

Fíxoo en alusión ao anuncio do Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL) dunha convocatoria de folga “intermitente e indefinida” a partir do 24 de xuño con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” do convenio. “Nós seremos escrupulosos para que se cumpran os servizos mínimos”, avanzou a rexedora respecto da postura do Concello no caso de que non se desconvoque o paro.

MENOR IMPACTO AMBIENTAL

Por outra banda, Rey apelou ao “sentidiño” da cidadanía durante a celebración da noite de San Xoán para conseguir “o menor impacto ambiental en canto a residuos”. “Se todos somos capaces de recoller aquilo que xeramos será máis fácil para os servizos de limpeza que terán escasos 40 minutos para recoller a praia”, explicou e engadiu que haberá “reforzo de colectores”.

En canto ao dispositivo preparado para os festexos, lembrou que o Centro de Mando Móbil volverá estar instalado na zona da Coraza do Orzán e que existen cámaras de vixilancia dispostas ao longo do Paseo Marítimo, así como postos sanitarios e tres Puntos Violeta para atender posibles casos de violencia sexista. Rey fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas, este xoves tras a presentación do programa de actividades do Orgullo 2024.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...