InicioBARRIOSA Pena Vixía. Ascenso ao centro místico de Monte-Alto

A Pena Vixía. Ascenso ao centro místico de Monte-Alto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mentres Monte Alto agarda con ansia a rehabilitación do Monte Vixía e a súa conversión un parque para o disfrute da veciñanza, os colectivos sociais reivindican o espazo da “A Pena da Vixía” como o verdadeiro centro místico de Monte-Alto.

Así, mantendo viva esta “neo-tradición coruñenta”, este xoves 27 de xuño, con saída, ás 20 horas, da biblioteca da Asociación Veciñal Atochas/ Monte-Alto (rúa da Torre), está convocado o “IV ascenso á Pena da Vixía”, da man de Xurxo Souto e Na procura dos “homes mariños”.

Lembra Souto que “na Pena da Vixía atopou Francisco Tettamancy a rocha cos petróglifos que actualmente se custodian no Museo do Castelo de San Antón. Alí estaba situada a garita dende a que o vixía controlaba a entrada dos barcos cara ao porto”.

Por iso, “dende este outeiro, no solpor, quizá albisquemos de novo os “homes mariños”, seres míticos que habitan no mar do Orzán, protagonistas da novela de Xurxo Souto.

IV ASCENSO Á PENA DA VIXÍA 04

Máis novas

Dicionario antroideiro coruñés (II) A chistera marabillosa do señor Canzobre

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here