InicioSOCIEDADEO Concello estuda declarar a emerxencia sanitaria pola folga na recollida de...

O Concello estuda declarar a emerxencia sanitaria pola folga na recollida de lixo

Publicada o

Por europapress

O lixo séguese acumulando nas rúas da Coruña nunha xornada máis con residuos depositados no chan no marco de paros intermitentes convocados polo comité de empresa, o cal sostén que “a totalidade do persoal” está a ir a traballar dados os servizos mínimos “abusivos”. Mentres, Concello “non descarta” declarar a emerxencia sanitaria. “A día de hoxe estanse valorando todas as posibilidades”, informaron fontes do Consistorio consultadas por Europa Press, tras apuntar que “as porcentaxes de rendemento son moi similares ao resto dos días”.

Esta situación prodúcese desde que empezaron os paros, o día 24 de xuño, convocados polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), organización maioritaria no comité, con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” do convenio. “Non imos desconvocar a folga”, asegurou o portavoz do comité de empresa, Alfonso Seijo, en declaracións a Europa Press. “Estamos a estudar novas medidas incluíndo ampliar o paros como medida de presión en todo o mes de agosto”, recalcou.

PRÓXIMOS PAROS

Os seguintes paros están previstos para os días 25, 26 e 27 de xullo. “Os traballadores van seguir traballando cumprindo todas e cada unha das normas de prevención, seguridade e saúde no traballo”, explicou para denunciar uns servizos mínimos “abusivos”. “De 200 só deixaron fóra a 12 por iso aconsellar que vaian traballar, non por medo á patronal”, criticou para engadir que “agora hai depositados na rúa papel e vidro, mobles e aveños”. “O lixo está recollido”, apostilou. Doutra banda, fontes próximas á empresa concesionaria (Prezero) consultadas por Europa Press, indicaron que foi unha xornada sen novidades tras abrir unha trintena de expedientes disciplinarios desde que comezou o conflito.

ÚLTIMAS

Sanidade Exterior autoriza o desembarco na Coruña do cruceiro ‘Ambition’ tras o brote de gastroenterite

Os técnicos de Sanidade Exterior autorizaron o desembarco na Coruña do cruceiro Ambition, no...

O Mural desoe ás promesas das administracións e convoca unha nova manifestación para defender o coidado dos frescos de Lugrís

Lanzaba con retranca este luns Rodrigo Osorio no Xornal o anuncio dunhas hipotéticas boas...

O metal da Coruña amplía a folga aos días 26 e 27 de maio ante o bloqueo do convenio

O sector do metal na provincia da Coruña acordou ampliar a convocatoria de folga...

A Serea de Ulises espiuse na Agra

Hai poucas entidades na cidade que sintan a poesía como a Asoc. Agra. Cada...