InicioCULTURAO Atlantic Pride pasa das raíces de Catuxa Salón aos Xardíns de...

O Atlantic Pride pasa das raíces de Catuxa Salón aos Xardíns de Méndez Núñez

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Remataron, outra tarde-noite con paraugas, as noites do Atlántic Pride na Praza de Pontevedra. O céntrico escenario acolleu, despois da xornada inaugural na Luís Seoane, 3 días cheos de figuras emerxentes da música galega contemporánea, maridada con bandas xa asentadas do panorama estatal e a escena LGTBIQ+.

Publico no Atlantic Pride da Coruna 20245
Público na xornada de mércores na Praza de Pontevedra

Abría a tarde de mércores o Dj-Lemma, esperando que escampase. Parou a chuvia para escoitar os ritmos mundiais de Catuxa Salom. A de Vilagarcía maridou berros africanos, cancións de berce sudamericanas, e ritmos caribeños coas raíces galegas máis tradicionais, detrás dun sorriso que trasladou alegría e frescor ao diverso e familiar público asistente.

Catuxa SAlom no Atlantico Pride 2024

 

Nomi Bull tomaron o relevo e Shego puxo o fin de festa.

Nomi Bull no Altantic Pride
Nomi Bull no Altantic Pride

Axenda de xoves

Abrirá esta noite, desde ás 21.00h, Amoebo convertindo os Xardíns nunha auténtica verbena galega de sons urbanos contemporáneos, bailes desmedidos, humor e moita diversión.

O eurodance e o pop máis colorido dos 90 da banda de culto neerlandesa Vengaboys poñerá o acento internacional a este ‘Orgullo do Norte’ coruñés desde ás 22.30h ao ritmo de éxitos como We’re Going to Ibiza, Boom Boom Boom Boom ou “We Like to Party”.

Pola súa banda, DJ90 será o dj encargado da pinchada para pechar a velada ás 23.30h, cunha proposta divertídisima, acompañada por imaxes míticas da televisión dos 80-90, como xa fixo na edición pasada.

Xoves, 11 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez (20.00 a 01.20h)

  • 21.00h Amoebo.
  • 22.00h Selena Leo.
  • 22.30h Vengaboys.
  • 23.30h DJ 90.

Venres, 12 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez (20.30 a 02.20h)

  • 20.30h Dj Licho
  • 21.30h Sila Lua
  • 22.30h Nena Daconte
  • 00.00h Luna Ki
  • 01.00h Roi Porto

Axenda de venres

De 20.30 a 02.20 horas, o público poderá gozar nos Xardíns de Méndez Núñez da mestura libre de xéneros de Sila Lua, a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea; do pop-rock de Nena Daconte, cos temas en directo do seu último disco, Casi Perfecto; e da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop de Luna Ki. Pola súa banda, as pinchadas para abrir e pechar a velada correrán a cargo de Dj Licho e Roi Porto.

PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2024

Programa Atlantic Pride 2024

Máis novas

O Atlantic Pride tamén se enfronta á chuvia

A música urbana galega abriu o Atlantic Pride

Máis de 40.000 persoas convertiron á Coruña na capital do Orgullo

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here