InicioCULTURAO Atlantic Pride tamén se enfronta á chuvia

O Atlantic Pride tamén se enfronta á chuvia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa avanzando o divertido Festival Atlantic Pride, que nesta 5ª edición segue convertindo a cidade na Coruña na sede do ‘Orgullo do Norte’ da península. Trala xornada urbana de apertura, de aquí ao o domingo 14 hai unha marea de actividades para o goce de toda a sociedade, sendo un escaparate da diversidade, e da tolerancia da sociedade herculina.

Pero se o Orgullo bate con todas as barreiras sociais, ás veces ten outros rivais, como foi o caso de onte coa chuvia. A festa do martes na Praza de Pontevedra, foi algo máis cativa do esperada, pois ademais do partido da “Roja”, a chuvia fixo que as actuacións da dj La Suprema, Filloas, Cloe Savage e a coñecida banda da Arousa, Lontreira, quedase algo deslucida.

Cloe Savage no Atlantic Pride
Cloe Savage no Atlantic Pride
O Rabelo en concerto na Praza de Pontevedra no Atlantic Pride
O Rabelo en concerto na Praza de Pontevedra no Atlantic Pride

Algo, non moito, despezada estivo a xornada do luns, con dj S.Alma, Rabelo e Nenaza, Meiga-I e Morreo tomando o escenario da praza ante un entregado público

Así, e todo, esta cita artellada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic, continúa ao longo da semana cun completo programa.

DJ La Suprema no Atlantic Pride
DJ La Suprema no Atlantic Pride

PROGRAMA DE MÉRCORES

O Atlantic Pride da Coruña vibrará este mércores, 10 de xullo, a ritmo de Shego, Catuxa Salom e Nomi Bull, durante a cuarta xornada do festival, que se desenvolverá na Praza de Pontevedra da cidade herculina de 20.00 a 00.00h. D-Lemma será o dj encargado das pinchadas para abrir e pechar a velada ás 20.00 e ás 23.30h respectivamente.

Contra ás 21.00h, Catuxa Salom dará boa conta sobre o escenario da súa experimentación coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas, mentres que a drag gañadora do Premio Miss Deusa 2023 Nomi Bull presentará o seu explosivo directo ás 22.00h.

Pola súa banda, tras percorrer nos últimos tempos os escenarios de grandes festivais como o BBK, o Sonorama, o Vida ou o Low, Shego aterrará no Atlantic Pride para facer gala do seu hipnótico carisma, xogando con xéneros diversos como o rock, o pop, o punk e o dance.

Mércores, 10 de xullo
Praza de Pontevedra (20.00 a 00.30h)

  • 20.00h D-Lemma
  • 21.00h Catuxa Salom
  • 22.00h Nomi Bull
  • 22.30h Shego
  • 23.30h D-Lemma

Máis novas

A música urbana galega abriu o Atlantic Pride

ÚLTIMAS

Testemuñas da agresión a Samuel Luiz confirman que viron “a unha persoa recibindo patadas e golpes”

Unha testemuña do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz -- ocorrida na madrugada...

Denuncian a Repsol por vulneración do dereito fundamental á folga do persoal de Navec

O pasado 18 de outubro os traballadores de mantemento da refinería de Repsol da...

Pregúntanlle ao Concello pola situación do persoal do IMCE

Dende hai máis de 30 anos, as persoas traballadoras do IMCE sofren o paso...

“Rosas do meu xardín”. Unha visita á exposición de Nick Knight

O pasado venres asistín á inauguración da exposición “Roses from my garden” de Nick...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here