InicioA CORUÑAReproches do PP e do BNG ao goberno local da Coruña

Reproches do PP e do BNG ao goberno local da Coruña

Publicada o

Por europapress

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña reprochou ao goberno local “falta de xestión”, á vez que lle urxe a executar investimentos, ao asegurar que “só foi capaz” de facelo con “o 8% do orzamento de investimentos cando xa transcorreu a metade do ano”. “Os coruñeses sofren as consecuencias da falta de xestión de Inés Rei xa que non levou o orzamento ao pleno ata febreiro, cando debería facelo en novembro para que entrase en vigor o un de xaneiro”, sinala nun comunicado.

Nel, o seu portavoz, Miguel Lorenzo, sostén que “aos 300 millóns de euros sen investir no últimos seis anos únense agora 117 millóns de euros máis“, engade para soster que “do orzamento total, a execución é do 24%”. Os populares aluden ao contido da documentación que acompaña ao expediente do modificativo que hoxe foi á comisión de Facenda e o venres irá a pleno e demanda máis investimentos en barrio. Pola súa banda, o grupo municipal do BNG avanza que levará a pleno as queixas que, segundo afirma, hai de usuarios e usuarias sobre o carril bici. “Unha cousa son os grandes titulares sobre o uso do carril bici e outra cousa moi distinta a realidade dunha infraestrucutra básica“, sinala a edil Avia Veira, que afirma que hai queixas sobre o estado da infraestrutura.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...