InicioA CORUÑAO informe da UCD poderá servir de "base" para o deseño da...

O informe da UCD poderá servir de “base” para o deseño da nova fachada marítima

Publicada o

Por editor

Reuniuse esta mañá a Comisión Especial da Fachada Marítima, no salón vermello do Pazo de María Pita co profesor Carlos Nárdiz, director do equipo da UDC que elaborou o documento “Definición dunhas liñas estratéxicas para a reordenación do espazo portuario interior”.

Foi o BNG, como presidente da Comisión Especial, o que propuxo a presenza de Nárdiz -como a anterior, a de Martín Fernández Prado, coa que se abría a rolda de comparecencias neste órgano do Concello-.

“Concordamos con moitas das liñas estratéxicas que dan forma ao estudo realizado polo equipo da UDC baixo a dirección de Carlos Nárdiz. É unha achega moi interesante a un debate social que ten que estar aberto á participación de moitos axentes e colectivos cidadás”, afirma Jorquera, que entende que o debate non debe estar prefigurado pero si que pode ter certas achegas.

Máis novas

Garante o protocolo da Fachada Marítima a titularidade pública do terreos portuarios de San Diego?

30 entidades piden o liderato municipal e a participación pública na definición do futuro dos peiraos

 

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here