InicioECONOMÍAEmpregados de despachos de billetes de Renfe na Coruña irán á folga...

Empregados de despachos de billetes de Renfe na Coruña irán á folga este venres por erros do sistema de venda

Publicada o

Por europapress

O persoal dos despachos de billetes de Renfe na provincia da Coruña está convocado a unha folga de catro hora, de 12,00 a 16,00 horas, este venres, 19 de xullo, para protestar contra os “intolerables” erros que padecen no sistema informático de venda.

Nun comunicado, Comisións Obreiras informa de que o comité de Renfe da Coruña convoca esta mobilización que afectará os despachos de billetes de Santiago, Ferrol e A Coruña.

“Desde que se implantou o novo sistema de venda de billetes do Grupo Renfe, a finais do mes de febreiro deste ano, o persoal da canle de venda presencial está a sufrir as consecuencias do mal funcionamento e os múltiples erros e fallos do mesmo”, explica o sindicado.

E é que os traballadores se queixan de que levan cinco meses con “moitos fallos”, tales como billetes anulados tecnicamente que computan como vendidos, erros nas devolucións pagas por Paypal, problemas coa impresión dos billetes, erros nas tarifas con descontos, imposibilidade de cambios de billetes, cobro de billetes non xerados, así como caídas sistemáticas do sistema, entre outros.

A pesar de que se reportaron máis de 300 incidencias, os representantes dos traballadores censuran que segue sen haber unha solución. Isto únese a outros fallos de canles de vendas, de forma que os traballadores padecen de forma inxusta “insultos e agravios”, unha situación que carrexa “tensión e ansiedade”. Igualmente, denuncian uns servizos mínimos “abusivos”.

 

Empregados de Renfe en folga, reportáronse máis de 300 indicendias e segue sen haber solución

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...