InicioSOCIEDADEPilar García Negro, Nova Escola Galega e 'Aquí tamén se fala' recollen...

Pilar García Negro, Nova Escola Galega e ‘Aquí tamén se fala’ recollen o XV Premio Rosalía de Castro de Lingua

Publicada o

Por europapress

O coruñés Circo de Artesáns acolleu a entrega de galardóns do XV Premio Rosalía de Castro, convocado pola Deputación da Coruña para recoñecer iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega, que este ano recolleron Pilar García Negro, Nova Escola Galega e ‘Aquí tamén se fala’.

A deputada de Lingua, Soidade Agra, foi a encargada de facer entrega destes premios, sobre os que destacou que “non poden ter un mellor nome”. En referencia ás premiadas, a representante da Deputación sinalou que é un “orgullo” o seu traballo, así como o seu “esforzo, dedicación e defensa” da lingua galega.

Así, de Pilar García Negro subliñou a súa “análise certeira da situación lingüística de Galicia”, ademais do “descubrimento da Rosalía feminista, defensora dos oprimidos e reivindicativa da lingua”.

Do mesmo xeito, sobre Nova Escola Galega puxo en valor os 43 anos que levan traballando para “unha transformación democrática da educación”, reivindicando un modelo de escola pública “crítica, participativa, con profunda preocupación polo desenvolvemento cultural galego” e “moito material editado para a formación docente en didáctica da lingua galega”.

En canto á iniciativa ‘Aquí tamén se fala’, que Agra definiu como “a sorpresa do ano”, destacou o traballo “incansable” de Alberto Pombo e Arcadio González, xunto ao alumnado do IES Rafael Dieste, “que levaron a cada esquina do país ese slogan con tanto significado detrás”.

ÚLTIMAS

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

O eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as liñas turísticas que o Concello presenta en FITUR

O Concello da Coruña non faltou a FITUR. Sen a involucración do ano pasado,...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

O CITIC da UDC será a sede para unha conferencia sobre o enfoque científico-práctico para “a IA verde”

O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) acollerá o...