InicioCULTURA250.000 euros para a cultura tradicional e os Premios Mestre Mateo

250.000 euros para a cultura tradicional e os Premios Mestre Mateo

Publicada o

Por europapress

A deputada de Cultura da Coruña, Natividade González, e o titular desta área do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, asinaron un convenio de colaboración entre a institución provincial e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para o cofinanciamento das actividades de cultura tradicional, os Premios Mestre Mateo e outras iniciativas.

Este convenio inclúe un investimento por parte da entidade provincial dun total de 250.000 euros, unha cantidade que representa o 80% do orzamento total. O investimento destínase ás actividades de cultura tradicional, con asociacións musicais e culturais da cidade, que se desenvolverán en distintos espazos ao longo do ano.

Tamén para os Premios Mestre Mateo, da Academia Galega do Audiovisual, e actividades culturais na rúa de artes escénicas destinadas ao público familiar, como espectáculos de maxia, música, danza, teatro, circo ou humor.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...