InicioCULTURAAs Fillas de Cassandra revolucionan o Noroeste

As Fillas de Cassandra revolucionan o Noroeste

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O ano pasado xa as vimos triunfar no Atlantic Pride, facendo cantar o Varre Vasoira a toda a Praza de Pontevedra. En febreiro deste ano xa comprobamos a súa progresión no Festival dos Medios en Galego. E onte fomos testemuñas do que xa é unha auténtica realidade da música galega contemporánea, enchendo de tradición e vangarda toda unha praia de Riazor.

Porque o Festival Noroeste segue a ser unha das referencias musicais do verán en Galicia. A pesar dos recortes, da tardanza na súa publicación, e de tantas cousas, o Noroeste segue a estar nos corazóns de todos os coruñeses, que volveron encher o areal para gozar, desta volta, ao son da música galega.

Esa potencia que amosan no escenario, esa combinación de tradición e vangarda, de pandeiretas e aturuxos con electrónica, que demostra que a liberación da muller é máis que unha realidade, fai das Fillas de Cassandra unha das bandas máis características da revolución da música galega contemporánea. Así o cercioraron facendo bailar a toda a praia, contando co apoio no escenario das bravas de De Ninghures, e con outra da rebelión do tradi galego, Mondra. Xuntas botaron un “Punheta” que quedará na memoria da cidade.

Da praia de Riazor ao ceo!

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

O Xoel máis caribeño

De seguido tocou unha das figuras máis esperadas. Xoel López entregouse ao seu público 12 anos despois da súa última aparición no festival. E fíxoo cos seus ritmos máis caribeños, mesmo lanzando unha homenaxe a Juan Luís Guerra cantando coa súa banda de homes o “Ojalá de llueva café en el campo”.


A noite pechárona os ritmos divertidos dos Crystal Fighters.

O programa

A música galega volverá estar presente na xornada do sábado con The Rapants. Os muradáns saltarán aos escenario á 1:00h despois das guitarras salvaxes dos coruñeses Triángulo de Amor Bizarro (unha referencia en todo o estado) e Vetusta Morla.

Xa temos programa do Festival Noroeste 2024

Máis novas

O Noroeste, o festival que esmorece

De Ninghures e Fillas de Cassandra trouxeron a festa dos medios en galego á Coruña

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

 

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno vincula os altercados da noite con “un grupo radical moi reducido” e apoia a actuación policial

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, atribuíu a un "grupo moi reducido"...

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

Moverse na aula favorece a resposta do alumnado con TDAH

Esa é a conclusión á que ten chegado Carlos Iván Blanco Casal, profesor do...

Un pequeno grupo provocou altercados na Coruña ao remate da manifestación contra “a represión policial” nos disturbios tras o acto de Abascal

As protestas convocadas na tarde deste mércores na Coruña en contra da "represión policial"...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here