InicioSOCIEDADEO profesorado do cole de Miño ponse en pé contra os recortes

O profesorado do cole de Miño ponse en pé contra os recortes

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Normalmente son as familias as que saltan á rúa para denunciar os eternos e continuos recortes da Xunta en materia de ensino. Pero no caso do CPI Castro Baxoi (Miño) é o profesorado o que veñen de denunciar publicamente a situación crítica de indefesión que vive o centro

A Consellería de Educación decidiu unilateralmente recortar profesorado do centro (dúas prazas menos que o ano pasado e máis alumnado), non respectar as ratios, non ter en consideración o cambio de horario (o alumnado da ESO ten un horario ilegal, pois pode ter
clases de 45, 50 ou 55 minutos dependendo do día) e outras tantas medidas que non fan máis que prexudicar a calidade do ensino no noso centro”, lamentan.

Neste verán asignaron dúas prazas de profesorado menos, polo que tiveron que suprimir varias optativas (Cultura financeira e Cultura clásica en 3.º ESO e Filosofía e Dixitalización (materia de opción) en 4.º ESO, quedando deste xeito unhas optativas de case 30 alumnos.

O recorte no profesorado provocou tamén que un grupo de 1º ESO que traballaba de forma flexible por ámbitos non poida manterse en 2º ESO.
Por este motivo, os 12 alumnos e alumnas do ámbito vense na obriga de seren incorporados no grupo ordinario, conformando aulas de case 30 persoas, coa problemática que conlevará isto para eles. Un dato salientable: en 2.º ESO hai un 35 % de alumnado con necesidades educativas especiais (moi por riba da porcentaxe recomendada e moi contraditorio respecto ás directrices de atención á diversidade).

Por outra banda, afirman non contar espazos para todo o alumnado (neste verán tabicaron algunhas das aulas máis grandes para dividilas en dúas e poder albergar así todo o alumnado). As aulas están totalmente masificadas.

“Somos un centro que recibe alumnado durante todo o ano (no curso 2023/24 matriculáronse arredor de 60 persoas novas durante o período escolar nos tres niveis educativos). Gran parte deste alumnado procede do estranxeiro (sirva como dato significativo que temos asignado un profesor de relixión evanxélica a tempo completo) e dun centro de menores próximo”, explican.
Dada esta casuística entenden que “o Castro Baxoi debería ser considerado un centro de réxime especial e non sufrir recortes tan abruptos e arbitrarios no persoal docente”.

“A Consellería fixo uns números cunha calculadora que non se adaptan en absoluto á realidade do centro”, lamentan. E por iso, as familias e mesmo a ANPA e o consello escolar manifestaron ao longo do período estival a súa desconformidade con todo o anterior, polo que o profesorado do CPI Castro Baxoi tomou a decisión de facer visible a nosa protesta todos os días no centro ás 13 horas desde o mércores 4 ata o comezo das clases.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O universo Mafalda de Quino: “Era un tío internacional que volvía de Europa cargado de mundo”

«Era un home moi observador, tanto cos nenos como cos detalles do mundo que...

Un minuto de silencio e unha ofrenda floral lembran na Coruña a Samuel Luiz no aniversario do seu asasinato

Cidadáns e cidadás convocados pola asociación LGBTI+ Alas A Coruña sumáronse este xoves a...

A alcaldesa da Coruña alerta sobre a cifra “insoportable” de vítimas de violencia de xénero

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "insoportable" a cifra de...

Inés Rey manifesta o apoio dos socialistas coruñeses a Pedro Sánchez, pero pide rexeneración

A alcaldesa da Coruña e secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Inés Rey, trasladou o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here