InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos...

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

Publicada o

Por editor

A Valedora do Pobo vén de entregar ó Presidente do Parlamento de Galicia o seu informe ordinario do ano 2023, no que dedica un apartado á «protección dos murais de Lugrís nun local comercial en desuso na Coruña». Nese apartado describe “o desleixo do Concello da Coruña na protección dos murais” e como só tras a insistencia e as mobilizacións da cidadanía o Concello deu algúns pasos, sempre tímidos para velar por esas pinturas, agora en trámite de ser declaradas ben de interese cultural pola Xunta de Galicia.

Destaca a Valedora que malia que a asociación cultural o mural solicitou a intervención do concello en 2021, a corporación só adoptou a primeira medida en xaneiro de 2023 «tras unha intervención no pleno do concello» dun voceiro de O Mural. E destaca que o concello non considera que evitar a perda do único conxunto muralístico que se conserva íntegro onde Lugrís o pintou sexa razón abonda para investir cartos públicos.

A valedora cita expresamente a seguinte “razón” do Concello: «Tampouco se pode esquecer que estamos manexando diñeiro público, respecto do cal debe aplicarse un principio de prudencia financeira, que exixe acudir ás subsidiarias só nos casos nos que haxa razóns técnicas que así o xustifiquen.» e que «O concello non ocultaba no seu informe as limitacións financeiras para asumir unha intervención que non podería recuperar dado que a persoa xurídica propietaria estaba en concurso de acredores, con cargas preferentes».

Dende O Mural queren amosar o seu “rexeitamento por unha política cultural mercantilista que non é quen de atopar valor máis alá do rendemento económico e aproveitamos para lembrar que os frescos seguen abandonados, nun edificio en ruínas e que malia todos os anuncios e notas de prensa das administracións locais e autonómicas nada fixeron na práctica para garantir a conservación e recuperación dunha obra senlleira do patrimonio cultural de Galicia que está a apodrecer”.

Máis novas

A intervención en Olmos medra implicando á rapazada

ÚLTIMAS

Xa en servizo o viario provisional que enlaza o Chuac coa AC-10

A Xunta puxo en servizo o viario provisional que enlaza o complexo hospitalario universitario...

Un tribunal determina ampliar requisitos do plan da fachada marítima, que sairá de novo a licitación

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais resolveu os recursos que se presentaron á licitación do...

Últimos días para visitar as exposicións de Viñetas desde o Atlántico

Foron máis de 120.000 persoas as que participaron na feira, tanto ás distintas exposicións,...

Sumar leva ao Congreso “a privatización” das Xubias

Non parece que estea de todo pechado o convenio urbanístico das Xubias, a pesar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here