InicioMOV. SOCIAISNova multitudinaria manifestación na Coruña trala xornada de folga xeral por Palestina

Nova multitudinaria manifestación na Coruña trala xornada de folga xeral por Palestina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Valoración máis que positiva da xornada de folga xeral e das mobilizacións deste 15 de outubro. da manifestación matutina do estudantado, pola tardiña desenvolvíase varias convocatorias que confluían nunha gran marcha baixo o lema “Paralo todo para parar o xenocidio”.

A principal partía da Delegación do Gobierno, foi ata o Obelisco, e mesmo volveu pola rúa Nova e San Andrés ata a Praza de Pontevedra, para voltar a praza de Lugo e Ourense.

Manifa Palestina Folga Xeral

Nesta manifestación multitudinaria volveuse a esixir o fin do xenocidio, a ocupación ilegal e o apartheid en Palestina. “Non hai paz sen desocupación” ou “Onde están as sancións a Israel”, foron algúns dos berros máis entonados.

Tamén se rexeitou o plan colonial deseñado por Trump e Netanyahu e que os gobernos europeos apoian sen fisuras, a pesar de que o goberno israelí xa incumpriu o alto ao lume e segue bloqueando a entrada da axuda humanitaria en Gaza.

 

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Desde a CGT indican que continuarán coas accións de protesta nas rúas e nos centros de traballo ata que exista unha paz real, xúlguese aos responsables do xenocidio e o pobo palestino poida dicir sobre o seu futuro e recuperar as terras ocupadas ilegalmente por Israel.

Os colectivos esixen:

  • Embargo integral e retrocativo de armas a Israel.
  • Rupturas de relacións co Israel, económicas, académicas, diplomáticas, deportivas, culturais e institucionais.
  • Sancións as empresas privadas e públicas que sigan negociando con Israel.
  • Fin do bloqueo á franja de Gaza, e denuncia ao mal chamado plan de paz.
  • Derogación inmediata da lei mordaza e o fin da criminalización coa solidariedade con Palestina.

 

Máis novas

A xornada de folga para “parar o xenocidio” arrincou coa mobilización do estudantado

A Coruña protagoniza unha espectacular manifestación por Palestina

ÚLTIMAS

O xerente do Chuac fala de “normalidade” nas Urxencias a pesar de recoñecer “pico” en ateción

O xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, atribuíu a un...

Ameaza de mobilización do sector hosteleiro na Coruña o día do eclipse se non melloran as súas condicións

CIG, CCOO e UGT denunciaron a "situación de bloqueo" da negociación do convenio colectivo...

O Concello da Coruña abre unha oficina de xestión administrativa en Novo Mesoiro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, inaugurou este martes a primeira Oficina de Atención...

A Coruña abre as portas da maior Feira do Libro de Galicia

A Feira do Libro da Coruña converterá un ano máis os Xardíns de Méndez...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here