InicioBARRIOSOs Castros maridan a música tradicional tamén co reagge nas Festas da...

Os Castros maridan a música tradicional tamén co reagge nas Festas da Merce

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tempo de fusións vivimos na música galega contemporánea. Ás bandas que maridan o rock, o punk ou a electrónica coa música das nosas raíces, temos que sumar xa aos colectivos que traballan en clave de reagge. Así o comprobaremos este venres 27 nos Castros, onde a Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros preparan as festas da Mercé en clave dub.

A rúa Monte das Moas acollerá unha xornada de baile de 18:00h a 0:00h. Abrirán Dub in Soul, un colectivo de mulleres galegas formado por Nere e Noe, dúas selectoras e amantes do reggae e da cultura soundsystem.
Estará tamén Ras Oskar, veteranos vocalista de Bush Doctors, a primeira banda galega de reggae, e actual vocalista en Aum Reggae, que fará das Moas o Xamaica herculino.

Tamén soará I Gardo SingJay, coruñés afincado en Compostela, e membro fundador de delirium soundsystem e A Coruña dub club. Ttodo isto será sonorizado por Delirium Soundsystem cos seus tres subgraves artesanais, para reproducir as vibracións da música reggae no barrio dos Castros.

Festas da Merced en reagge nos Castroz
Festas da Merced en reagge nos Castroz

Memoria

A xornada servirá tamén para rmanter vivo o proxecto “Memoria emocional do barrio: Recuperemos as nosas tradicións”.

A Romaría dos Castros recupera a memoria do barrio

Olladas doutro tempo: O Corralón da Gaiteira

ÚLTIMAS

O Consello de Ministros aproba un acordo sobre o acceso ao porto exterior da Coruña e a súa conexión coa AG-55

O Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se autorizan os límites e modifícanse o...

BREO, a nova banda revelación do folk galego, prepara o seu primeiro disco

Con base de operacións en Arteixo, o grupo revelación do folk en Galicia, BREO,...

Denuncian que o Concello segue sen cubrir a praza de psicóloga clínica no COF de Monte Alto

As mulleres de Carral, Cambre, Oleiros, Sada e A Coruña, que acoden ao Centro...

Critican o recorte e a falta de execución das axudas para a instalación de ascensores

Denunciaba ASCEGA a comezo de ano o recorte nas axudas para a instalación de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here