InicioSOCIEDADEDenuncian que o Concello segue sen cubrir a praza de psicóloga clínica...

Denuncian que o Concello segue sen cubrir a praza de psicóloga clínica no COF de Monte Alto

Publicada o

Por editor

As mulleres de Carral, Cambre, Oleiros, Sada e A Coruña, que acoden ao Centro de Orientación Familiar de Orillamar, levan moito tempo sen poder falar coa psicóloga clínica. Un servizo que depende do Concello da Coruña, pero a pesar das queixas das traballadoras e do BNG no pleno, segue sen ser cuberto, creando unha desigualdade coas mulleres dependentes do COF do Ventorrillo, onde si contan co servizo.

O espazo sanitario, fundamental para promover a saúde afectivo-sexual, traballar na prevención de embarazos non desexados, e axudar a solventar conflitos familiares, continúa ademais sen ter as dúas prazas de xinecoloxía cubertas a tempo completo, das que este servizo debe, estatutariamente, estar dotado.

Hoxe volve denunciar a situación o BNG, que xa levou o asunto a pleno e mesmo ao Parlamento Galego, onde o goberno limitouse a responder que no COF “todas as prazas de persoal sanitario do SERGAS están actualmente cubertas con persoal estatutario”.

Unha mentira, segundo denuncia o BNG despois de reunirse coas profesionais do centro de Monte Alto, que xa o centro só dispón dunha praza fixa desde 2020, a outra -que tamén debería ser permanente- só se cobre “en momentos puntuais e intermitentes”.

COF Orillamar

Lista de agarda

A consecuencia desta falta de cobertura das prazas asignadas a este centro é “unha listaxe de agarda dunhas 300 persoas, entre as que hai mulleres que interromperon voluntariamente o seu embarazo e precisan revisións”, remarca Queixas.
A carencia de persoal orixina tamén “a imposibilidade de programar citas para atender a saúde sexual e reprodutiva das pacientes”, e provoca listas de agarda de ata 3 meses.

Desperfectos

As profesionais denuncian ademais que “a calidade na atención médica dos dous COF da Coruña leva anos sufrindo recortes de persoal e desatención por parte da Xunta”; así como os desperfectos que sofre o centro, xa que despois dunha inundación as portas non pechan e as profesionais teñen que pasar consulta cun paragüeiro suxeitando a porta, o que, dende longo, non favorece a intimidade nin a confidencialidade necesaria para estes asuntos.

Desperfectos no COF de Orillamar
Desperfectos no COF de Orillamar

Máis novas

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

 

ÚLTIMAS

Apolo18 e a Orquestra Bravú Xangai entre os finalistas aos Premios Martín Códax 2026

Acaban de saír os finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2026. Os Grammys...

Diana Varela Puñal estrea o seu novo poemario no local veciñal da Agra

Falamos a semana pasada con ela, co gallo da súa nova creación poética. E...

5.000 bocatas cardiosaudables e moita canteira na XXII Festa do Pan de Carral

Sabrosa fin de semana que se viviu esta fin de semana en Carral no...

Unha nova Asemblea cidadá para “Salvar os frescos de Lugrís”

Xa nos avanzaba onte Rodrigo Osorio que os colectivos In Nave Civitas e O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here