InicioSOCIEDADEO coitelo do coruñés Borja Canedo leva un dos premios do Certame...

O coitelo do coruñés Borja Canedo leva un dos premios do Certame “Antonio Fraguas Fraguas” de artesanía

Publicada o

Por editor

Borja Canedo, A Coruña 1996, leva dende os dezaseis anos e paralelamente á súa formación, adicándose como afeccionado a traballos de forxa e coitelería. Fixo carpintería, soldadura e mesmo xoiaría, pero a súa paixón é a forxa, como conta nunha entrevista da revista Pincha. Foi armando un pequeno taller na casa, e acabou especializado na coitelería, sendo xa requerido por grandes chefs do país como Pepe Solla, unha vez que se foi gañando espazo gracias, en parte, a súa participación na Fundación pública de Artesanía de Galicia.

Hoxe está de noraboa, xa que a Deputación da Coruña vén de fallar os XV premios Antonio Fraguas de Artesanía que nesta XV edición. O seu  “Coitelo de cociña Damasco” levou o premio en categoría tradicional, mentres que unha Nasa de marroquinería feita a man de Ezequiel Franchil Gil, de Ribadeo, levou o premio na modalidade ‘contemporánea’.

O Coitelo de Damasco de Borja Canedo
O Coitelo de Damasco de Borja Canedo

Do Coitelo de Damasco, o xurado, formado por Elena Bangueses Buceta, Idoia Cuesta, Lidia Nieves Domínguez, Elena Ferro e Jorge Eiroa, e presidido pola deputada de cultura, Natividade González, salienta “a complexidade da súa técnica, o dominio do oficio, o uso dos distintos materiais (madeira e ferro), a complexidade do proceso de elaboración e a estética final da peza”. Destacan que foi feito con forxa tradicional aplicada á coitelaría, soldeo a calda mediante forxa, vaciado e pulido manual.

Agora, seleccionáronse 30 obras de todas as propostas presentadas ao certame, que formarán parte dunha exposición itinerante que se desenvolverá proximamente.

 

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here