InicioCULTURAO profesorado da Escola Municipal de Música protesta polo deterioro das instalacións

O profesorado da Escola Municipal de Música protesta polo deterioro das instalacións

Publicada o

Por editor

O persoal docente e de administración da Escola Municipal de Música da Coruña concentrouse na tarde do pasado martes diante do centro educativo polo deterioro que continuo que padece o edificio, situado na rúa Hércules, dende hai uns anos, por mor da falta de partidas propias e autonomía de funcionamento.
Os mestres puxeron o acento no deterioro das instalacións, na falta de mantemento e renovación dos materiais e instrumentos, ou nas deficiencias dun edificio no que a humidade é a gran compañeira.

A través da CIG, reclaman a xestión directa por parte do Concello, e que se lle asigne o orzamento necesario para ofertar unha ensinanza pública de calidade.

Lembran que o contrato-convenio co Consorcio da Música se atopa neste momento coa prórroga rematada, e que aínda non se recibiron os 250.000 euros pactados entre PSOE e BNG para a EMM neste 2024.

 

 

Os mestres volverán concentrarse no Consorcio para a Promoción da Música (ente ao que está adscrito a escola) e diante do Concello da Coruña.

Por outra banda, o persoal tamén demanda que se cumpra co convenio colectivo no referente ao pago dos atrasos polo cambio de categoría do profesorado, o pagamento do complemento social e a reformulación en positivo dos trienios.

Dende o propio BNG (o edil David Soto participou na concentración) lamentan que “o Goberno Local incumpra o compromiso asinado”. “O Goberno Local non só incumpre co BNG, incumpre tamén co profesorado e o alumnado da Escola Municipal de Música, o que loxicamente está a dificultar o desenvolvemento dun proxecto educativo e musical que ao longo dos últimos 25 anos ten conquistado un merecido prestixio”. O grupo levará o asunto ao pleno do 3 de outubro.

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here