InicioBARRIOSOs barrios de Someso e Mesoiro piden atención aproveitando o Escano Cidadán...

Os barrios de Someso e Mesoiro piden atención aproveitando o Escano Cidadán do pleno

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ao remate do longo pleno deste xoves 3 de outubro os barrios tomaron o protagonismo facendo uso do espazo coñecido como Escano Cidadán. Un espazo aberto á cidadanía no que en 3 minutos podes debullar a túa proposta, idea ou queixa.

Abría o turno de intervencións Eugenia Vacas coa intención de defender os dereitos aos animais, e de pedir acción municipal para controlar as colonias felinas nos barrios, nomeadamente en Visma co gallo das obras da demoledora urbanización.
Respondeulle cunha crúa internvención da nova concelleira de Medio Ambiente Yoya Neira, deixando claro que os gatos non son unha prioridade da súa concellería, e botando as culpas á cidadanía que “dá de comer irresponsablemente” ás colonias felinas.

Máis cordial foi a concelleira de Urbanismo Diana Sobral, ante Lucía Fdez. Costa como representante da veciñanza de Someso, e o edil Borrego con Diana Cagide, a representante da Asociación de Veciños de Mesoiro, Vío e As Xunqueiras.

Lucía lembrou a cantidade de veces que teñen denunciando as carencias e falta de mantemento do barrio de Someso, ese barrio creado en 2009 formado polas torres situadas arredor de Espazo Coruña. Lucía recoñeceu que este ano se celebra o primeiro aniversario de ser inseridos no plan limpeza manual e mecánica, polo que xa teñen barrendeiro e papeleiras. Con todo, concretaron que a teórica limpeza cada dúas semanas non se corresponde co estado das rúas.
Criticou o retraso de numerosas obras, do mal estado das beirarrúas, parques infantís, iluminación… “nin están nin se lle esperan”, reflexionaba a representante a cada petición.
A edil Sobral asegurou ter tomado nota de cada petición, pero non deu datas da posta en marcha dos proxectos pendentes de executar.

Cagide quixo treaer a pleno o eterno esquecemento que sofre o lugar de Mesoiro, e os de Vío e as Xunqueiras. Reclamaron a retirada de transporte pesado polo lugar, propoñer a creación de novos aparcamentos, ou un radar de tramo para reducir a velocidade. Criticaron a resposta dunha responsable municipal que lles deixou claro que “tiña mellores que facer”.
Tamén pediron a participación no proxecto do paseo fluvial que se vai realizar no marco do plan de urbanización de Pocomaco:

O edil Juan Ignacio Borrego, como concelleiro do barrio, asegurou que é consciente das necesidades existentes, tras velo insitu, pero deixou ver que a responsabilidade en boa parte dos asuntos non é municipal.

Máis novas

O pleno de outubro reflexiona sobre o novo modificativo de crédito, a execución orzamentaria e os traballadores municipais

Restacando o río Mesoiro cunha limpeza

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here