InicioBARRIOSParque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hai proxectos que cambian a fisionomía dun barrio. E tamén hainos que cambian a dunha cidade. O do Parque Ciudad Monte Martelo é dun deses. Un proxecto que nace da cidadanía, que trata de recuperar unha zona esquecida, rescatar un río que no seu día se agochou debaixo do asfalto, para convertirse nun gran pulmón verde na entrada da cidade.

Detrás da proposta se atopa a Asociación Monte Martelo, que trata de unificar e defender as necesidades dos barrios de As Rañas, Birloque, Cabana, Martinete, Someso, San Cristovo das Viñas e O Bosque. Herdando as fronteiras da case desaparecida Asociación Os Anxos, desenvolven un arduo traballo, moitas veces na sombra, para acadar, por exemplo derrubamento do esqueleto do Martinete, formulado para principios de 2025.

8 anos en marcha

Amar explicando o Parque Ciudad a vecinanza doutros barrios en 2021
Amar Bašic explicando o Parque Ciudad á veciñanza doutros barrios en 2021

Pero o gran proxecto que saben que pode cambiar a cidade é do Parque Ciudad Monte Martelo, que se situaría entre o Polígono de Pocomaco, Expo Coruña, O Birloque, O Marinete… Unha idea que nacía hai 8 anos, na cabeza de Amar Bašic (@martineteiro), un tripulante de voo croata, que acabou en Galicia como bebé refuxiado pola guerra dos Balcáns nos anos 90.
Afincado no Marinete saía sempre a pasear ao seu can, e acabou por decatarse do potencial que ten este barrio esquecido de apenas 22 rúas polas que agora pelexa dende a entidade veciñal.

Daquela propuxera nos Orzamentos Participativos o proxecto do Parque Unión, o que foi o xérmolo deste Parque Ciudad. E daquela xa mantivera reunións co entón rector da UDC, Julio Abalde, que lle puxera en contacto con outra idea de recuperación ambiental que tamén estaba en marcha.

Río de Monelos

Amal Nnechachi explicando o seu traballo de recuperacion do Rio de Monelos
Amal Nnechachi explicando o seu traballo de recuperación do Río de Monelos

Xa é pequeno o mundo para que se xunten, no Martinete, un croata chamado Amar, e unha marroquí chamada Amal, intentando recuperar medioambientalmente un dos barrios máis esquecidos da cidade. O caso é que Amal Nnechachi, enxeñeira de Camiños, estaba facendo unha tese sobre a Recuperación do Río de Monelos, aí comezaron a traballar xuntos.

En 2021 o proxecto deu un salto. Xa coa Asociación Monte Martelo involucrada o proxecto pasou a criba do pleno municipal, cunha moción aprobada por unanimidade. Importante foi unha reunión 17 de maio de 2021, con axentes doutros barrios, de Eirís, Matogrande, Elviña, Palavea, Mesoiro… e de aí saíu unha idea que segue enriba da mesa: xuntar todos os barrios da cidade a través de sendas verdes; facer un corredor verde por toda a cidade, que una os barrios. Unha idea que si que cambiaría a fisionomía da cidade e nos achegaría moito ao concepto urbanístico da europa máis moderna.

O proxecto foi medrando e o Concello da Coruña xa o fixo propio. O ano pasado estivo a piques de saír escollido nunha convocatoria de subvencións emitida da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica. Este ano o Concello, coa colaboración da UDC, volverá intentar conseguir Fondos Europeos para desenvolvelo, tras acordar un aumento do espazo de actuación, e cun proxecto moi solvente, “moi sólido”, afirma Amar, que engloba 70.000 metros cadraados.

Caos urbanístico; fácil acceso

Xa no seu día o que foi edil de urbanismo, Juan Díaz Villoslada apuntaba o seu potencial, pero tamén a necesidade de desenvolver un Plan Integral de Urbanismo para facer o proxecto con moito mimo. Porque falamos dunha zona moi ben conectada con toda a cidade (de feito pasa o carril bici que vai camiño do campus de Elviña), pero tamén caótica urbanísticamente. “É certo que hai moito terreo privado, pero moito da Sareb, e si que habería proxectadas expropiacións pero non de vivendas en uso”, asegurar. “A idea é adecuar o parque ao terreo que hai”.

Conscientes de que se trata dunha batalla a longo prazo, seguirán loitando paso a paso polo fermoso e transformador proxecto.

Máis novas

Alegría no Martinete pola licitación do derrubamento do “mamotreto”

A sombra de 30 edificios ameaza San Pedro de Visma

ÚLTIMAS

Análise: Que foi do interese xeral na reordenación urbanística da fachada litoral nas Xubias?

Moito se ten falado das Xubias dende que en xullo o Concello lle entregaba...

EMVSA tamén controlará o parque municipal de vivendas da Coruña para abordar as necesidades de pisos sociais

A Xunta de Goberno do Concello da Coruña dará luz verde este mércores aos...

Inés Rey afirma que a Xunta mostra “disposición” a que a cidade sexa declarada zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insistiu na "vontade" do Concello de presentar formalmente a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here