InicioBARRIOSAlegría no Martinete pola licitación do derrubamento do “mamotreto”

Alegría no Martinete pola licitación do derrubamento do “mamotreto”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Case 15 anos leva este esqueleto ocupando medio barrio do Martinete, e xerando problemas coa presenza continua de persoas drogadictas. Case 15 anos de esquecemento, de denuncias veciñais e moito traballo da Asoc. Monte Martelo. Pero dende hai un ano, este pequeno barrio situado entre O Birloque e Pocomaco, formado por 14 portais e varias casiñas, está completamente unido, “case como unha familia”, para conseguir derrubar o foco de todos os problemas.

O Martinete únese contra o abandono… e o esqueleto de formigón

Por iso, con enorme alegría recibían esta mañá a nova de que o Concello da Coruña está a licitar o derrubamento do esqueleto, coñecido como “mamotreto” propiedade da SAREB, que ocupa máis de 1.000 cadrados. O Concello vai realizar de forma subsidiaria, cun contrato de 850.000€, e un prazo de execución de 4 meses, o esperado derrubamento.

”Un pasiño máis nesa loita”, recoñece Mandi Diéguez, unha das veciñas implicadas. Se ben entre as 70 persoas que forman o grupo de whastapp aínda hai xente aínda que non o cre “ata que vexan as palas”, a veciñanza está moi contenta. “É moi bonito saber que se te xuntas podes conseguir moitas cousas”, sinala orgullosa Mandi, encantada co avance social que viven nun barrio que pouco a pouco “é case como unha familia, como un puebliño”.

A loita, en todo caso, non queda aquí. A veciñanza seguirá pelexando para que o solar que quede despois do derribo se convirta nun parque infantil, unha praza, ou un simple espazo de esparcimento veciñal. “Xa temos contado máis de 20 nenos no barrio, e iso é o que necesitamos agora”, explica.

@elmundodemandi #Forzamartinete #peligro #coruñagalicia #concellodeacoruña #barriospeligrosos #coruñagalicia #martinete #barrioabandonado #galicia #avmontemartelo #galiciacalidade #inesgarcia #forzamartinete #luchavecinal #valedora #defensadelpueblo ♬ sonido original – Mandi Dieguez

Máis novas

O Martinete únese contra o abandono… e o esqueleto de formigón

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here