O xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz, na madrugada do 3 de xullo de 2021, á saída dun local de lecer no paseo marítimo coruñés, comezou pouco despois do dez e cuarto da mañá na Audiencia Provincial da Coruña e cun Tribunal do Xurado integrado por seis mulleres e tres homes, ademais de dous suplentes.
O avogado da acusación popular, exercida polo colectivo LGTBI ALAS Coruña, vinculou a súa morte a “unha manda”. “Trátase dunha agresión en grupo, é unha manda o que houbo“, sentenciou ante o Tribunal do Xurado da Audiencia Provincial da Coruña o letrado Mario Pozzo. “Non estamos na Idade Media“, asegurou tamén para remarcar que estamos “nunha sociedade diversa, xusta e igualitaria”. “Non pode haber ningún tipo de acto delicitivo porque se base nunha crenza de superioridade“, indicou.
CAZARÍA
Tamén a fiscal do xuízo cualificou de “cazaría brutal e inhumana” a morte do mozo, ocorrido na madrugada do 3 de xullo de 2021 tras unha malleira á saída dun local de lecer da Coruña. “Por un grupo de persoas que eran conscientes”, dixo na súa exposición ante o Tribunal do Xurado na Audiencia Provincial da Coruña e ao argumentar que os acusados, ao seu xuízo, eran conscientes de que podían provocarlle a morte.
Ademais, sostivo que Diego M.M., o que, segundo as acusacións iniciou a agresión, mostrou “animadversión” e “rexeitamento” ante a orientación sexual de Samuel, motivo polo que tanto a el como á súa noiva nese momento e tamén acusada, Catherine S.B., pídeselle a agravante de discriminación por orientación sexual.
O xuízo comezou cunha ampla expectación mediática cunha trintena de medios acreditados, está fixada a exposición de informes e cuestións previas polas partes personadas: Fiscalía; acusación particular (a familia de Samuel); acusación popular (o colectivo LGTBI ALAS Coruña) e as defensas, en representación de cada un dos cinco acusados. O día 17 declararán dous dos acusados nun xuízo previsto ata o 18 de novembro, coa entrega ese día do obxecto do veredicto ao xurado.
FAMILIA
A avogada da familia de Samuel Luiz, Esther Martínez, manifestou que os cinco acusados — catro homes e unha muller — pola morte do mozo eran “perfectamente conscientes da gravidade” dos feitos. “Dicir que non querían matalo e entón que querían, mandalo á UCI, deixalo en cadeira de rodas e romperlle todos os ósos”, preguntouse ante o Tribunal do Xurado, na Audiencia Provincial da Coruña, e aos que pediu que emita un veredicto de culpabilidade.
“Ao longo destes 170 metros cando Samuel fuxía, cando non tiña forzas e queixábase, non detiveron o ataque ata que caeu ao chan“, dixo a letrada, que rexeitou que Catherine S.B. tratarse de evitar os golpes. “Seis persoas atacando, non cabe dicir que non tiñan intención de matar”, insistiu a letrada, que asegurado que os acusados “non era a primeira vez que participaban en pelexas”.
ACUSADOS
Pola súa banda, os avogados do cinco acusados pola morte de Samuel Luiz negaron a participación dos seus clientes na malleira mortal e reclamaron a súa absolución. Trátase de Diego M.M., Catherine S.B., Kaio A.S.C., Alejandro M.R. e Alejandro F.G., para os que se piden penas que oscilan entre os 22 e os 27 anos de cárcere por delito de asasinato con enseñamiento e aleivosía. Para os dous primeiros, inclúese tamén a agravante de discriminación pola orientación sexual da vítima e ao terceiro súmaselle o presunto roubo do móbil de Samuel.
Os seus avogados insistiron en que non son responsables do delito que se lles imputa e, aínda que, “aínda negando a participación” — así o asegurou o letrado de Alejandro F.G. en relación ao seu cliente en concreto– incidiron todos no consumo de alcol e nalgún caso tamén de drogas.
“Non hai ilícito penal”, manifestou o letrado de Alejandro M.R., que permanecía no xuízo con mirada baixa fronte a outros que se atopaban con mirada ausente ou sen mirar directamente ao xurado. “Non é responsable de delito algún”, dfixo o de Kaio A.S.C.
No caso de Catherine S.B., o seu letrado aseverou que “descoñecía” se Samuel era homosexual e indicou que “non participou no forcexeo entre Samuel e Diego”. “Nin sequera o alentou”, indicou respecto do que argumentan as acusacións: Fiscalía, a acusación particular — a familia — e a popular, o colectivo LGTBI ALAS Coruña. “Cando comeza a agresión non realiza acto de apoio, ao contrario rogou aos agresores que parasen”, engadiu.
O avogado de Diego M.M. — ao que se considera a persoa que iniciou a agresión mortal a Samuel Luiz, na madrugada do 3 de xullo de 2021 no paseo marítimo coruñés– vinculou os feitos con “un estado de alteración”. “Consta que discutira previamente coa súa noiva, o botaran do local no que estivera bebendo desde as 21.30 de maneira inxustificada”. “Cando confunde a chamada de Samuel como unha interpretación de que o está gravando comeza a agredilo, esa actuación non ten xustificación algún pero a participación de Diego en todo isto finaliza aí“, manifestou.
O avogado do presunto agresor de Samuel Luiz: “podía ocorrerlle a calquera que estivese alí”
PRIMEIRAS DECLARACIÓNS
Dos acusados os primeiros en declarar o día 17 serán Alejandro M.R., para o que se piden 22 anos de cárcere, e Catherine S.B, a única muller que sentará no banco de acusados e para a que se solicitan 25 anos de prisión.
O inicio das testificales será tamén ese día con dous amigos da vítima presentes no lugar e os cidadáns senegaleses que trataron de auxiliar a Samuel. Logo continuará con testificaIs e outras probas ata que o 14 de novembro teña lugar a declaración do tres acusados que optaron por facelo ao final.
Trátase de Diego M.M., o que, presuntamente, iniciou a agresión, Alejandro F.G. e Kaio A.S.C. O primeiro enfróntase a unha petición de condena de 25 anos de prisión, o segundo de 22 e o terceiro a 27 anos.
A todos, como aos dous primeiros, impútaselles un delito de asasinato con aleivosía e ensañamiento aínda que no caso de Diego M.M. e Catherine S.B, tamén a agravante de discriminación pola condición sexual da vítima. No caso de Kaio A.S.C. elévase a pena a 27 anos por presunto delito de roubo con violencia, en relación co móbil do falecido.
DEFENSA DOS ACUSADOS
As defensas do cinco acusados pola morte de Samuel Luiz alegaron falta de probas para imputar aos seus clientes un delito de asasinato con agravante de aleivosía e ensañamiento. “Unha denuncia non é unha condena”, aseverou un dos letrados, Manuel Ferreiro, que defende a Alejandro M.R. Mentres, o avogado de Diego M.M., o mozo que presuntamente iniciou a agresión, afirmou que “non pode haber ningún tipo de cazaría, nin tampouco a xudicial”, en referencia ao termo usado polo Ministerio Público.
Á súa vez, Luciano Prado, letrado de Catherine S.B. — que, como ao primeiro, as acusacións súmanlle ao delito de asasinato a agravante de discriminación por orientación sexual — preguntouse: “Que pinta esta moza aquí”.