InicioMOV. SOCIAIS“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas municipais. O Comité de Empresa, formado por membros da CIG, UGT e CCOO, mantén as mobilizacións ante a falta de concreción dos dereitos dos aproximandamente 80 traballadores e traballadoras municipais que coidan os nosos pavillóns e campos de fútbol.

Deste xeito, ducias de competicións, e sobre todo, centos de familias e deportistas, veranse afectadas polo peche das instalacións, que provocarán numerosos atrasos nas ligas de todas as categorías. Ademais, os servizos mínimos previstos para esta fin de semana son poucos, polo que tendo en conta que o seguemento da folga está a ser do 100%, a afectación será máxima. “Sabemos o dano que facemos á xente que vai facer deporte, e sentímolo moito, pero é a única maneira de defender o que é noso”, sinala o voceiro do comité, Xulio Ramil. “Levamos 3 anos pelexando, e as palabras están esgotadas. Chegamos ata onde podemos”.

Conserxes en folga na cidade deportiva da Torre
Imaxe doutra concentración na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias da Torre

Responsabilidade municipal

O colectivo de traballadores esixen o cumprimento do convenio colectivo e o pago o complemento de polivalencia. Para o Comité “toda a responsabilidade ao Concello”, unha vez que “a disposición da empresa Outsourcing (Grupo Social Once) era de pagar, ata que o Concello lle dixo que non lle ía abonar esa parte”.

Así se ratifica co sucedido esta mesma mañá de xoves 21 de novembro. Celebrábase a conciliación previa ao xuízo, á que asistiron representantes dos 3 sindicatos, do comité e da empresa, faltando unicamente un representante do Concello. “Xa ves a vontade de arranxar o asunto…” lamenta un Ramil que lembra que a suba salarial xa estaba sinalada no acordo de investidura que asinou o BNG co PSOE, sendo así este outro dos incumprimentos do goberno socialista que provocan que o BNG non vaia acordar os Orzamentos de 2025.

A cousa vai para longo, pois estes conflitos colectivos adoitan tardar entre 4 e 6 meses, segundo o presidente do Comité.

Con todo, a semana que vén o Comité celebrará unha Asemblea para determintar como continúan as mobilizacións, tendo claro que as mobilizacións seguirán con toda seguridade.

Máis novas

Os conserxes dos polideportivos esixen o pago do seu plus

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here