InicioSOCIEDADEOs conserxes dos polideportivos esixen o pago do seu plus

Os conserxes dos polideportivos esixen o pago do seu plus

Publicada o

Por editor

Este domingo foi un día histórico para a cidade, coa incrible estrea do Basquet Coruña no Coliseum. Pero para o persoal de conserxería dos polideportivos da cidade foi unha ocasión para espallar a sía loita. Un grupo de traballadores e traballadoras levaron as pancartas ás portas do Coliseum e berraron arengas para esixir o cumprimento do convenio colectivo e o pago o complemento de polivalencia, por parte do Concello e da empresa concesionaria, Ilunion Outsourcing.

O presidente do comité, Xulio Ramilo, explicou que o persoal de conserxería dos polideportivos e campos de fútbol municipais está regulado por un convenio propio que contempla o pago dun plus de 300 euros.
Pero dende agosto, Ilunion Outsourcing (Grupo Social Once) négase a pagar este complemento “porque di que o Concello da Coruña non lle abona a contía”. Ramilo apunta que o convenio colectivo foi publicado o ano pasado e a administración local era coñecedora dos acordos que se estaban a negociar. Por iso, reclámalle á empresa e ao Concello que cumpran cos dereitos salariais destes 80 traballadores e traballadoras e que de inmediato se proceda ao pago das cantidades adebedadas.

Máis mobilizacións

As mobilizacións coordinadas a través do comité (CIG, UGT e CCOO) non descartan a folga, pero polo de pronto continúan estes xoves 3 de outubro, coincidindo coa sesión do pleno municipal, cunha concentración a partir das 09:00h na Praza de María Pita, onde tamén disputarán un partido de fútbol reivindicativo.

ÚLTIMAS

Alertan que o documento-base da reforma portuaria prevé privatizar o solo de San Diego e non só para uso residencial

Este venres a Coruña xógase moito na reunión da Comisión da reforma fachada marítima...

A lingua galega revive nos cemiterios

Menos do 1% das lousas dos camposantos coruñeses están en galego, pero a...

Fiscalía non recorrerá a sentenza do xuízo de Samuel Luiz

O Ministerio Público non recorrerá a sentenza que condenou a catro novos polo asasinato...

A Coruña manterá a bonificación no bus urbano logo do rexeitamento ao decreto ómnibus no Congreso

O Concello da Coruña manterá por agora a bonificación do autobús urbano, á espera...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here