InicioPOLÍTICAA CGT inaugurou o seu novo local na Coruña

A CGT inaugurou o seu novo local na Coruña

Publicada o

Por editor

A organización anarcosindicalista da Coruña, a CGT, inaugurou este sábado o novo local situado na rúa Entrepeñas coa militancia do sindicato e outros colectivos sociais da cidade.

A xornada comezou cun acto dedicado á recordar a historia do sindicato e da Casa Sindical na cidade así como as persoas que tiveron un papel destacado nos anos de reconstrucción e recuperación da Federación Local Obreira da Coruña, entidade que conta con máis de 150 anos de historia na cidade e que foi e é un referente no movemento libertario, xa que participo una fundación da CNT e, posteriormente, da CGT.

A CGT ten como obxectivo facer deste local un espazo de encontro da militancia do propio sindicato e doutras organizacións. “Queremos que o local da CGT sexa un lugar de encontro onde levar a cabo accións reivindicativas e culturais que nos permitan avanzar na conquista de novos dereitos laborais e sociais para a clase traballadora”.

Os presentes tamén puideron ver a exposición “Muellres libres”, así como o arquivo que conta con numerosos documentos sobre o movemento obreiro e o anarquismo de un gran valor histórico. “Co arquivo e a biblioteca levaremos a cabo actividades divulgativas que sirvan para dar a coñecer a historia da loita da clase traballadora e o movemento libertario”.

Novo local da CGT na Coruna 2

Posteriormente, os asistentes tiveron ocasión de gozar de música en directo, a cargo de “Pan de Millo”.

ÚLTIMAS

O BNG abre a porta a unha moción de censura en Cambre contra o goberno do PP

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambre, Dani Carballada, asegurou...

A Xunta licita por 51,5 millóns 264 vivendas públicas en Xuxán e reclama ao Estado “axilidade” co Plan de Vivenda

A Xunta de Galicia vén de licitar por 51,5 millóns de euros a redacción...

A Rolda da Pasaxe cortarase integramente ao corte de tráfico do 30 de marzo ao 1 de abril polos accesos ao ‘Novo Chuac’

O plan de mellora de accesos ao complexo hospitalario da Coruña (Chuac) obrigará ao...

Un sábado diferente no Centro Oceanográfico da Coruña

Cita esta fin de semana arredor do Centro Oceanográfico A Coruña. O espazo, situado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here