InicioA CORUÑASumar A Coruña denuncia o deterioro dos servizos públicos provocados pola crise...

Sumar A Coruña denuncia o deterioro dos servizos públicos provocados pola crise do goberno

Publicada o

Por editor

Sae do silencio o movemento Sumar Galicia-A Coruña, e faino para denunciar a “crise actual do goberno de Inés Rey”. Unha crise que entende que se “constata nun grave deterioro dos servizos públicos na cidade”.

O grupo analiza a situación actual.

Orzamentos

“Asistimos agora a incertidume que supón a gran dificultade que o goberno local vai ter para aprobar os orzamentos municipais de 2025 pola falta anunciada dos apoios necesarios no Pleno municipal. O acordo de investidura pode fracasar”, advirte.

O grupo critica, como o resto da oposición, “o baixo nivel de execución de investimentos”, asi como “a crecente taxa de endebedamento improductivo” e “unha constante modificación improvisada de partidas, que como a do bus urbano, as bolsas de comedor escolar, a cidade das TIC, a Sinfónica ou a Escola Municipal de Música debían de contar coa necesaria previsión inicial. Por non falar do importe crecente de facturas que teñen que pagarse de forma extraordinaria, coma acontece habitualmente no IMCE”.

Esquecendo os grandes contratos

Lembran que “grandes contratos como o da planta de tratamento de residuos de Nostián, o da recollida de lixo, a rede de bibliotecas, o ascensor de San Pedro ou inminentemente a concesión do servizo de bus urbano, están en situación de total precariedade e de progresiva perda de calidade”.

Retrasos

Así mesmo, lembran como “anuncios permanentemente incumpridos” equipamentos coma “o novo centro de saúde de Santa Lucía na Falperra, o albergue de peregrinos no edificio da comandancia, o parque Vixía en Monte Alto, a nova praza interior en Jose María Hernansáez no Castrillón e un longo etc”. “Por non falar da situación á que ten chegado o histórico xardín de San Carlos ou da incapacidade do goberno municipal para parar a ruína e recuperar para usos cidadáns o vello cárcere“.

Diálogo e urbanismo

Máis preocupante é “a denuncia diaria de falta de diálogo por parte dos barrios, diálogo que parece que non se escatima cos operadores inmobiliarios para sacar adiante, con chamativa urxencia, convenios urbanísticos coma o das Xubias ou o de parque de Oza, que lóxicamente teñen recibido númerosas alegacións veciñais”.

Nese sentido alertan da “renuncia á potestade urbanística municipal a través destes convenios privatizadores ou o sometemento agora ás decisións da Xunta de Galicia no sector de Monte Mero coa intención de expropiar as vivendas que levan toda unha vida, é tamén alarmante”.

Aluguer

“Fronte a este diálogo intenso cos fondos de inmobiliarios, asistimos a unha total falta de planificación municipal sobre as necesidades de vivenda pública, esencialmente de alugueiro. A vivenda, como dereito, non como negocio, esixe un plan integral e ambicioso que interveña non só na oferta senon tamén nos propios mecanismos de demanda.”

“Os datos están ben acreditados na hemeroteca da cidade”, sinalan dende Sumar. “Inés Rey ten que corrixir urxentemente o rumbo. A cidade ten grandes capacidades, como demostra cada día, pero precisa dun goberno municipal que asegure a necesaria eficacia e calidade dos servizos públicos da súa competencia”.

ÚLTIMAS

A Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda

Encheuse a Praza das Conchiñas esta pasada mañá de sábado co gallo da concentración...

O Obelisco tamén parou a guerra en Oriente Medio

O Obelisco da Coruña acollía este domingo unha das concentracións da Xornada Estatal “Paremos...

A 19º Feira Matemática uniu no Palexo a máis de 1.500 asistentes

Volveron tomar as matemáticas o Palexco, e dá gusto ver o impacto que ten...

O Torre 67 Fest puxo en valor o traballo da Escola de Música Municipal

O Centro Sociocultural Ágora acolleu esta fin de semana a segunda edición do concurso...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here