InicioSOCIEDADECondenada a empresa de seguridade do aeroporto coruñés por vulnerar o dereito...

Condenada a empresa de seguridade do aeroporto coruñés por vulnerar o dereito á integridade moral dunha empregada

Publicada o

Por editor

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou que a empresa que presta servizos de seguridade no aeroporto de Alvedro vulnerou o dereito fundamental á integridade moral dunha traballadora polo que a condenou ao cesamento do comportamento lesivo e a indemnizar á demandante con 20.000 euros.

Segundo informa o alto tribunal galego, a Sala, que estimou o recurso interposto pola afectada contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, conclúe que a compañía incumpriu a obrigación de impedir que a afectada coincidise cun dos seus compañeiros, medida que se lle impuxo como consecuencia da tramitación do protocolo antiacoso.

O alto tribunal galego valora ese incumprimento “como de especial gravidade, pois revictimiza á traballadora e, á vez, devalúa, fronte a todo o seu persoal, a efectividade” do mencionado protocolo.

Na sentenza, os maxistrados sinalan que a traballadora activou o protocolo antiacoso, implementado na empresa demandada, en decembro de 2021, fronte a un dos seus compañeiros.

O servizo de prevención da empresa, en concreto o xefe do servizo, admitiu a activación do protocolo, no seo do cal, segundo consta na resolución, realizouse unha investigación dos feitos e adoptouse como medida cautelar a prohibición de coincidencia no servizo de ambos os implicados. A empresa, neste primeiro momento, segundo o TSXG, actuou “de maneira correcta, mesmo exemplar”.

“Desta solución satisfactoria non se pode derivar a existencia de acoso laboral e, polo mesmo, tampouco se pode descartar a súa existencia e tamén aquí coincidimos coa juzgadora de instancia en que os feitos anteriores á activación do protocolo estarían prescritos, pero isto non significa que non deban ser examinados”. sinala a Sala.

Tamén conclúe que a actuación do traballador coa recorrente era “atentatoria da súa dignidade e constitutiva de acoso laboral, ao crear unha contorna de traballo intimidatorio, hostil e humillante”.

Os xuíces aseguran que, a pesar da medida cautelar, ao longo de 2022 e de 2023 producíronse coincidencias na quenda e no servizo nos cuadrantes mensuais iniciais, as cales “se resolveron tras as queixas da traballadora ou ben xestionando esta un cambio de quenda con outros compañeiros de traballo”. O TSXG conclúe que, por tanto, a empresa incumpriu o protocolo antiacoso, o que constitúe “unha vulneración da integridade moral”.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...