InicioCULTURA“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” ou “xenocidio”. Cal é a túa Palabra...

“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” ou “xenocidio”. Cal é a túa Palabra do Ano 2025?

Publicada o

Por Redacción

Estas son as seis voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2025, artellada polo fundamental dicionaro do Portal das Palabras. Tras a fase de recolla de suxestións entre o público, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren hoxe, a través do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal), a votación telemática popular que decidirá cal é a gañadora. Todas as persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán facelo ata o domingo 21 de decembro ás 23:59 horas.

Os vocábulos finalistas representan dalgún xeito distintos asuntos que marcaron a actualidade dos últimos meses, tanto a nivel local como global; e reflicten a inquedanza social ante a crecente vulneración dos dereitos humanos ou a ameaza dos grandes incendios forestais, mais parte deles tamén lles dan cabida ás necesarias esperanza e alegría.

Nas edicións anteriores resultaron gañadoras cantareira (2024), cibercarracho (2023), comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

ÚLTIMAS

A Xustiza dá a razón ao Concello sobre o Cárcere Vello

Boas novas para a cidade da Coruña. A Audiencia Provincial vén de anular o...

A patronal do metal incide na necesidade de avanzar na negociación

A patronal do metal na Coruña apelou a avanzar na negociación tras unha nova...

Só as persoas abonadas do Real Club Deportivo decidirán sobre a normalización do topónimo

Parecía que había consenso social (máis alá da saída de ton do desafiuzado Paco...

A CIG mantén a folga no metal da Coruña ante a “tomadura de pelo” da patronal

O secretario comarcal de CIG-Industria en Ferrol, Sergio Martínez, cualificou de "totalmente ridícula" a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here