InicioCULTURAPava 3 xa nas plataformas

Pava 3 xa nas plataformas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O terceiro EP de PAVA xa está na rúa. Xa podes escoitar Pava 3, e mercalo, a través do Bandcamp de PAVA. A banda herculina liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao lanza este traballo baseado nas súas “letras coidadas e melodías exquisitas atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua”.

A banda, formada por Aldao como frontwoman, Analís á batería, Pablo Silva á guitarra e David Santos ao baixo, estrea o videoclip realizado por Antón & Martiño para o tema Unha cadela chamada ‘Por Favor’, unha balada con ritmo envolvente na que destaca a colaboración de Gloria Pavía.

O tema completa os singles xa presentados nos pasados meses: Catastro, e o impactante O himno da lesión. E se completa con Tremendamente coquetas, e Catastriño, unha versión case espida do tema Catastro gravada –literalmente- nunha adega baixo terra e achegándose ao xeito íntimo de compoñer de Lucía Aldao: guitarra e voz.

5 de xaneiro: Noite de Raíñas Pavas

concerto de presentación de Pava 3 terá lugar na Mardi Gras o domingo 5 de xaneiro. A partir das 22.00 horas, a mítica sala de concertos coruñesa acollerá unha “Noite de Raíñas Pavas” alternativa, disidente pero non por iso menos máxica, á marcada polo calendario. As entradas para a cita xa están dispoñibles, por 13 €, na plataforma web www.entradium.com.

Ademais, Pava 3 acompañarase un merchandising moi especial: unha edición de 200 carpetas que incluirán un código de descarga dos temas do EP, as letras impresas en follas recendentes e un póster despregable coa portada de Pava 3, na que Lucía Aldao é protagonista.

ÚLTIMAS

Dous voos con destino a Coruña desviados pola néboa

Un voo con destino A Coruña procedente de Madrid tivo que ser desviado a...

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here