InicioCULTURAPava 3 xa nas plataformas

Pava 3 xa nas plataformas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O terceiro EP de PAVA xa está na rúa. Xa podes escoitar Pava 3, e mercalo, a través do Bandcamp de PAVA. A banda herculina liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao lanza este traballo baseado nas súas “letras coidadas e melodías exquisitas atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua”.

A banda, formada por Aldao como frontwoman, Analís á batería, Pablo Silva á guitarra e David Santos ao baixo, estrea o videoclip realizado por Antón & Martiño para o tema Unha cadela chamada ‘Por Favor’, unha balada con ritmo envolvente na que destaca a colaboración de Gloria Pavía.

O tema completa os singles xa presentados nos pasados meses: Catastro, e o impactante O himno da lesión. E se completa con Tremendamente coquetas, e Catastriño, unha versión case espida do tema Catastro gravada –literalmente- nunha adega baixo terra e achegándose ao xeito íntimo de compoñer de Lucía Aldao: guitarra e voz.

5 de xaneiro: Noite de Raíñas Pavas

O concerto de presentación de Pava 3 terá lugar na Mardi Gras o domingo 5 de xaneiro. A partir das 22.00 horas, a mítica sala de concertos coruñesa acollerá unha “Noite de Raíñas Pavas” alternativa, disidente pero non por iso menos máxica, á marcada polo calendario. As entradas para a cita xa están dispoñibles, por 13 €, na plataforma web www.entradium.com.

Ademais, Pava 3 acompañarase un merchandising moi especial: unha edición de 200 carpetas que incluirán un código de descarga dos temas do EP, as letras impresas en follas recendentes e un póster despregable coa portada de Pava 3, na que Lucía Aldao é protagonista.

ÚLTIMAS

Axudicadas as obras para a creacións das sendas peonís e ciclistas de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de adxudicar un contrato de 5,3...

A metrosidero morto, aciñeira posta

Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de...

O luns comeza a construción da duna de Riazor para protexer o Paseo Marítimo dos temporais

Como cada outubro, Concello da Coruña iniciará o vindeiro luns, día 26, os traballos...

Renfe permitirá viaxar sen asento asignado en trens A Coruña-Vigo Guixar e A Coruña-Ferrol

Renfe anunciou que eliminará o suplemento que ata agora debía abonarse polo transporte de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here