Así ratificou o Concello a morte do exemplar de metrosidero que levada máis de dúas décadas escoltando o Obelisco. É a crónica dunha morte anunciada, despois do dificilmente comprensible traslado sufrido polo exemplar no marco das obras de remodelación dos Cantóns.
No seu lugar, o Concello vén de plantar unha aciñeira de 35 anos e 8 metros de altura, aputando que esta árbore ten 7 anos máis que un metrosidero que “non era un exemplar histórico nin catalogado”.
Esta aciñeira (da familia do carballo) súmase as outras seis aciñeiras que xa están plantadas como parte da obra na rúa Alcalde Manuel Casás. Na rúa Santa Catalina, ademais, dispuxéronse cinco carpes, e dous máis irán en Juana de Vega.
Ademais, xunto ao obelisco atópanse tamén plantadas catro faias vermellas. Nas vindeiras semanas completarase a instalación de novos exemplares vinculados á obra de reurbanización do espazo, ata un total de 32 árbores
Está previsto que os novos Cantóns conten tamén cun gran exemplar de algarrobo que irá ubicado na xardiñeira circular situada fronte á Fundación Barrié. Ademais, na praza de Mina instalarase tamén un grande olmo. Finalmente, ao longo do toda a nova beirarrúa en lousa de granito, disporanse 12 exemplares de loureiro en sendas macetas de gran tamaño.
Máis novas
O metrosidero de 200 anos do cuartel da Policía Local, ao concurso estatal da Árbore do Ano

