InicioA CORUÑAA Coruña pecha 2024 con 53 km de carril bici, 14.000 usuarios...

A Coruña pecha 2024 con 53 km de carril bici, 14.000 usuarios e 1,3 millóns de usos

Publicada o

Por editor

Conta A Coruña nesta última semana do ano con dous novos novos treitos de carril bici, trala apertura dun pequeno treito no barrio de Novo Mesoiro, como o que atravesa o barrio da Pescaría.

Mención especial cobra este treito, pois une os carrís principais da cidade, o do paseo marítimo e o dos Cantóns-Linares Rivas, a través da Rúa Alta e Rúa Nova. Malia que un dos treitos sexa sobre adoquín, é unha unión tremendamente demandada polos ciclousuarios.

No caso do carril bici de Novo Mesoiro, o primeiro que se constrúe no barrio, o Concello
completou nas últimas semanas os traballos de pintura no percorrido bidireccional que conecta a rúa Illas Sisargas coa rotonda de confluencia coa estrada DP-0512, creado a partir da localización na que se instalou, a mediados do ano pasado, a estación de BiciCoruña que dá servizo a Novo Mesoiro.

No seu conxunto, as dúas actuacións supuxeron un investimento de máis de 230.000 euros.

Rede de máis de 53 quilómetros

O número de usos contabilizado polo servizo municipal BiciCoruña permitiu a non emisión de máis de 600 toneladas de CO2 a atmosfera. Pero máis alá das cifras, a importancia de manter a aposta viva pola transformación da mobilidade na cidade irase vendo co paso das xeracións, e o uso que vemos hoxe en día entre a mocidade seguro que provoca moitos cambios na forma de movernos dentro de 10-20-30 anos.

O carril bici pegou a súa primeira gran expansión en 2016, durante o mandato da Marea, deixando a rede en 18km, pero sobre todo cun plan trazado e un financiamento europeo asegurado.

O goberno socialista mantivo ese compromiso, e en 2019 xa había 23km, pasando aos 53 deste 2024.

As cifras e as estacións con máis usos

Este 2024 pechouse con 14.000 usuarios, que realizaron 1.337.882 usos, cen mil viaxes máis que o ano anterior.

Actualmente hai 49 bases de BiciCoruña operativas na cidade, e nos vindeiros meses poderían chegar a ser as 85 incluídas na segunda fase de expansión do servizo.

O balance anual de BiciCoruña reflicte, unha vez máis, os fluxos de mobilidade habituais da
cidadanía que usa este servizo. Na súa meirande parte, son desprazamentos por motivos laborais ou profesionais, e tamén escolares.

 

Máis novas

A Marea sobre BiciCoruña: “O servizo debe mellorar nos barrios para que sexa unha alternativa na mobilidade cotiá”

Sinalizada, sobre adoquín, a primeira fase do carril bici que une o Paseo cos Cantóns

Piden máis carril bici nas avenidas da cidade

A Escola da Bici comeza o novo curso

O Taller Reciclos, o paraíso social para os amantes das dúas rodas

Aprobado o proxecto do carril bici na Avda. Alfonso Molina

O carril bici conectará Someso co campus de Elviña

ÚLTIMAS

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

Novidades hoxe arredor do conflito sobre a negociación do convenio do sector do metal...

Inés Rey reivindica “o mandato do diálogo e a amabilidade” á fronte da cidade da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a xestión do goberno socialista nos seus...

Sindicatos reclaman na Coruña medidas para garantir o futuro da Seguridade Social

Representantes de UGT, CSIF, CCOO e CIG concentráronse este mércores ante a Dirección Provincial...

A UDC participa nun proxecto europeo para detectar sinais precoces da endometriose no fluxo menstrual

A Universidade da Coruña participa no proxecto europeo SENSOPAD a través do grupo NANOSELF...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here