InicioCULTURAA artista coruñesa XA'LUM lanza Beiriña, o seu novo sinxelo

A artista coruñesa XA’LUM lanza Beiriña, o seu novo sinxelo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hoxe sae a rúa “Beiriña” o novo sinxelo de XA’LUM. A artista coruñesa, Iria Vilar Iglesias, convida os oíntes a unha viaxe profundamente persoal que mestura a ialma do patrimonio galego coa enerxía vangardista do hyperpop. Inspirada na canción popular Amoriños Collín, esta peza fusiona o antigo co moderno, creando unha narrativa sonora que se sente tanto atemporal como innovadora.

Composta e producida completamente pola propia artista, Beiriña é unha demostración de deseño sonoro innovador e unha homenaxe á cultura galega. A base do tema constrúese sobre os ritmos da vieira, un instrumento tradicional galego feito de cunchas mariñas, que se entrelanzan cos sintetizadores.

Hoxe presenta o tema, e tamén o videoclip gravado en Viveiro.

Quen é Xalum

De ascendencia franco-galega, cunha historia familiar marcada polo exilio a Francia en tempos de guerra, creceu en España e trasladouse a París hai dous anos.

Ao chegar a Coruña a familia instalouse no barrio do Castrillón, indo ao Instituto de Monelos. Comezou a cantar cando estaba no instituto, no grupo de guitarra do centro. “Sempre me gustou moito a música e experimentar con diferentes sonidos e instrumentos, comecei a compoñer e publicar as miñas propias cancions en soundcloud en 2012-2013”, explícanos.

Uns anos mais tarde naceu XA’LUM, o seu proxecto en solitario. “Comecei a tomar o proxecto máis en serio fai un ou dous anos, polo que aínda estou explorando si será posible vivir da música”, apunta. “Unhas das cousas que me dan máis esperanzas son as palabras de animo dos meus seres queridos e da xente nas redes sociais”.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by XA’LUM (@xa_lum)

A lingua, un desafío

Recoñece vivir “nun conflicto interno e de identidade” coa lingua dende moi pequena. “Costábame moito aceptar o galego e sentirme ben falandoo pero ao mesmo tempo era a lingua coa que falaba coa miña avóa, que sempre quisen moito. Creo que dende que morreu falo moito máis en galego que antes, é unha maneira de mantela viva pra min”, explica con sentemento.
”O meu segundo EP, ISA, creo que reflicte moi ben este conflicto, estaba tan perdida en que dicir e na maneira de dicir as cousas que fixen un EP cheo de voces pero sen palabras. Co tempo, fun adaptándome máis a cantar e escribir en galego e en castelán, agora gustaríame intentar cantar tamén en francés, xa que os meus avós viviron alí de emigrados moito tempo e a miña nai naceu alí”, conta demostrando unha valentía, un compromiso e unha afouteza moi valorable.

As súas fontes

”No tema das inspiracións, teño que admitir que a paisaxe do meu barrio influíume moitísimo. Creo que a miña música traduce moi ben esa coexistencia do rural e do urbano. Unha das artistas galegas que máis me inspirou foi Rosa Cedrón, tanto pola súa forza coma polo seu talento. Ana Kiro é outra gran referente que teño moitas ganas de versionar e dos grupos novos, son moi fan de Carabela”.

Máis novas

Amoebo lanza “Unha foto”, o seu novo sinxelo

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here